Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación mantén cortada a LU-P-1901 en Navia mentres repara os danos provocados por un desprendemento de terra

obras
estradas
Navia de Suarna
Concello da Fonsagrada
Imaxe deputación de lugo
Os servizos de Xestión Territorial habilitaron desvíos alternativos nos puntos quilométricos 24 e 29 para causar o menor prexuízo nos usuarios desta vía provincial que comunica Navia de Suarna e A Fonsagrada

Os servizos de Xestión Territorial da Deputación de Lugo, que dependen directamente do Presidente, José Tomé, traballan en reparar os danos provocados polo escorregón dun talude na estrada LU-P-1901, a vía que conecta os concellos da Fonsagrada e de Navia de Suarna. Esta estrada que permanece cortada ata que rematen estes labores.

Os operarios estiman que a circulación non se restablecerá ata a segunda semana de xaneiro, debido a que agora mesmo o terreo ten demasiada humidade provocada polas continuas e intensas choivas, unha situación desfavorable para a correcta realización destes traballos con garantías e seguridade. Logo, será preciso construír un muro de sostemento para evitar novos desprendementos e despois repararar a vía. 

A Deputación ten debidamente sinalizados desvíos alternativos nos puntos quilométricos 24 e 29, que pertencen ao municipio de Navia de Suarna, para garantir que os usuarios e usuarias desta estrada se vexan o menos afectados posible.