Deputación de Lugo

A Deputación restitúe o acordo de colaboración con Sarria para a Ponte Ribeira

José Tomé Roca
Sarria
acordo de colaboración
Colaboración Sarria
O Presidente, José Tomé, asinou hoxe un protocolo co Alcalde do Concello sarriano, Claudio Garrido, para formalizar de cara ó 2020 un convenio semellante ao que perdeu vixencia sen que fosen executadas as obras

A Deputación de Lugo restituíu o acordo de colaboración co Concello de Sarria para a Ponte Ribeira coa sinatura este xoves dun protocolo entre o Presidente, José Tomé, e o Alcalde, Claudio Garrido. Ambas institucións tiñan un convenio asinado por importe de 150.000€ para a Ponte Ribeira, que prescribiu, sen que fosen executadas as obras previstas. O protocolo firmado hoxe polo mandatario provincial co Concello é o paso previo para formalizar de cara ao ano 2020 un convenio semellante ao que perdeu vixencia, no que se concretarán as actuacións a levar a cabo nesta zona da vila.