Deputación de Lugo
Formación

O Presidente recibe na Deputación ao alumnado do CPR Torre de Lemos

ALUMNADO
Monforte de Lemos
presidente
José Tomé Roca
O Presidente recibe na Deputación de Lugo ao alumnado do CPR Torre de Lemos
25 rapaces e rapazas celebraron un Pleno infantil no que exerceron como deputados e debateron sobre asuntos de interese local da súa comarca

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu no Pazo de San Marcos ao alumnado do CPR Torre de Lemos, de Monforte. Tomé respondeu ás preguntas dos rapaces, que se interesaron polo día a día do Presidente e polas funcións que ten que desenvolver no seu cargo. 

Ao longo da mañá, visitaron o Centro de Produción Audiovisual da Deputación para participar no programa Os TICodiarios. Puideron ver o traballo que desenvolve o servizo involucrándose dunha forma activa mediante a realización dun informativo de televisión. Coñeceron de  preto o funcionamento diario dun estudo de televisión, e levaron á práctica todo o aprendido coa presentación dun informativo, onde se incluíron noticias reais, enquisas feitas polo propio alumnado e información meteorolóxica co emprego dun croma.

No Salón de Plenos, os 25 rapaces e rapazas exerceron como Deputados, cos seus correspondentes grupos políticos, e debateron sobre cuestións de interese local e comarcal. Na orde do día incluíron a construción dunha residencia da terceira idade en Monforte, a posible creación dunha granxa escola na finca de Tor, a construción dun parque acuático ou o impulso dun centro de protección animal. 

Melloras no patio
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres un convenio coa Fundación Educativa Torre de Lemos por importe de 22.500€. O obxectivo deste acordo é financiar  a reforma do patio interior deste centro escolar.