Axenda Institucional
Deputación de Lugo
Formación

O Presidente pon en valor o traballo da UNED Lugo na inauguración do novo curso académico

José Tomé Roca
UNED
Lara Méndez López
Acto académico de apertura do curso 2019-2020 da UNED.IMG01
Tomé Roca participou no acto de apertura do curso 2019-2020 e destacou que dende os seus inicios no ano 1972 “a UNED é unha historia de crecemento, como demostran as cifras que fan dela a maior universidade de España”

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e o vicerreitor adxunto de Centros Asociados da UNED, Íñigo Tejera Martín, participaron este mércores no Salón de Actos da Sede da UNED en Lugo na apertura do novo curso académico 2019-2020. 

Tomé Roca puxo en valor o traballo realizado pola UNED dende os seus inicios no ano 1972 e sinalou que “no seu case medio século de existencia, a historia de UNED é unha historia de crecemento, como demostran as cifras: máis de 260.000 estudantes, 26 grados e 43 masters fan dela a maior universidade de España.”

A Deputación financiou a nova sede da UNED Lugo, inaugurada no 2017, cumprindo así cun papel fundamental na implantación da Universidade na provincia. Deste xeito, destacou o mandatario provincial, “Lugo deixou de ser a única capital de provincia de Galicia na que a UNED non tiña centro físico.”