Deputación de Lugo
Formación

O salón de actos da Deputación acolleu esta tarde unha charla sobre a listeriose

saúde
Deputación de Lugo

O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, participou esta tarde na clausura dunha charla sobre listeriose que tivo lugar no salón de actos do Pazo de San Marcos. Organizada pola Real Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, a xornada Listeria, Listeriose e Seguridade Alimentaria contou coa intervención de Carlos Franco, Director do Departamento de Química Analítica, Nutrición y Bromatoloxía da USC. O ente provincial colabora coa corporación veterinaria cunha axuda de 5.000 euros e Fernández Rico destacou a importancia do coñecemento rigoroso desta infección para a súa prevención e subliñou que “estamos nunha provincia na que o sector primario é moi relevante e a gandaría ten un peso específico importante na nosa economía”.