Deputación de Lugo

A Deputación atendeu incidencias en 25 concellos por caídas de árbores e desprendementos nas estradas provinciais debido ao temporal

Incidencias-estradas.IMG01
Os servizos provinciais rexistraron en Riotorto un total de seis saídas e foi o municipio con maior número de sucesos causados polo vento e a choiva

A celeridade na resolución dos imprevistos foi fundamental para garantir a seguridade e minimizar os danos, a esta hora e todas as vías están abertas ao tráfico

A Deputación de Lugo atendeu numerosas incidencias nas estradas da provincia por mor do temporal de choiva e vento. A maioría dos incidentes, rexistrados en 25 concellos entre a pasada noite e esta mañá, foron debidos a caídas de árbores e desprendementos. Riotorto foi o municipio máis afectado cun total de seis saídas, por diante de Vilalba, onde os servizos provinciais atenderon cinco imprevistos en diferentes vías a causa do mal tempo.

A celeridade na resolución dos diferentes sucesos ocasionados polas inclemencias meteorolóxicas foi fundamental para garantir a seguridade nas estradas e para minimizar os danos. Os servizos de Xestión Territorial, encargados da atención das estradas e que dependen directamente do Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, informaron esta mañá de que todas as estradas están xa abertas ao tráfico. O ente provincial acaba de adxudicar o contrato de conservación de estradas por 6,4 M€ e ten a rede máis extensa de España con 4.200 quilómetros, tres veces superior a que é de titularidade da Xunta de Galicia na provincia.

Entre as estradas provinciais afectadas polas incidencias, a Deputación de Lugo actuou na LU-P0802 (Begonte); LU-P-112, LU-P-1701 (Cospeito), LU-P-2207 (Xermade); LU-P-0502 y LU-P-0507 (Baralla); LU-P-0205, LU-P-3103 y Lu-P-3101 (Mondoñedo); LU-P-3401 y LU-P3403 (Muras); LU-P-3809 (Ourol); LU-P-3006 (Pastoriza); LU-P5101 (Rábade); LU-P-5505, LU-P-5503 y LU-P5506 (Riotorto); LU-P-0104, LU-P-6507, Lu-P 6509 (Vilalba); LU-P-5603 (Samos); LU-P-0102, y LU-P-1807 (Chantada); LU-P-0101 (Alfoz); LU-P-0606 (Barreiros); LU-P-2116 (Friol); LU-P-1907 y LU-P-4811 (Fonsagrada); LU-P-1305 (Courel); LU-P-0401(Baleira); LU-P-0503 (Baralla); LU-P-0709 y LU-P-6201 (Becerreá); LU-P-0202 y LU-P-2006 (Foz); LU-P-2306 y LU-P-2101 (Guitiriz); LU-P-3502 y LU-P-3507 (Navia).

Incidencias-estradas.IMG02