Deputación de Lugo

O Presidente participa na XXXII Festa da Castaña do Caurel, que conta coa colaboración da Deputación

Festa Castaña do Caurel
José Tomé Roca
Folgoso do Courel
Festa da Castaña do Courel.IMG01
Tomé Roca destacou que esta cita pon en valor un dos produtos máis característicos da provincia, ao mesmo tempo que dinamiza a economía

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto á Alcaldesa do Caurel, Dolores Castro Ochoa, participou este sábado no Campo da Feira de Seoane na XXXII Festa da Castaña do Caurel. A institución provincial colabora con este evento cunha achega económica de 6.000 euros.

Tomé Roca destacou que esta cita, declarada Festa de Interese Turístico Galego no 2013, pon en valor a castaña, un dos produtos máis característicos da provincia, ao mesmo tempo que dinamizamos a economía”.

A xornada arrancou ás 12:00 horas coa demostración de cestaría e a actuación do grupo de Gaitas e Cantores do Caurel. Posteriormente deu comezo a degustación gratuíta de castañas asadas e o pregón, que correu a cargo do chef  Iván Domínguez. Xa pola tarde, houbo actividades para o público infantil da man de Borja Insua co espectáculo de monicreques Circo Galaico. Ao longo de todo o día o evento estivo amenizado por grupos musicais e charangas. Ademais, no recinto da festa, os visitantes e veciñanza puideron desfrutar de diferentes postos de produtos locais e artesanía, obradoiros e demostracións de temática variada. 
 

Festa-Castaña-Courel.IMG02