Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

Os maiores das residencias de Pol e Trabada fortalecen relacións sociais nun magosto

Residencias
Pol
Trabada
Celebración-Magosto-Residencias.IMG01
Esta xornada especial con actividades contribúe ao envellecemento activo e a interacción social e fortalecemento de lazos de amizade entre os usuarios e usuarias dos centros de maiores da Deputación

As persoas maiores usuarias das residencias da Deputación de Pol e Trabada celebraron conxuntamente este xoves, no centro polense, unha xornada especial de magosto cunha programación de actividades que contribúe a mellorar a súa socialización e fortalece a interacción e relacións entre os usuarios do centro. Esta actividade social súmase á celebrada onte no centro de maiores da Deputación en Ribadeo na que os residentes participaron activamente en varias actividades e gozaron dun menú especial elaborado con castañas.

Ata a residencia de Pol achegáronse a responsable do centro de Trabada da Deputación xunto a once residentes autónomos e dous dependentes en cadeira de rodas, a terapeuta ocupacional e unha auxiliar.  Os maiores gozaron, xunto aos seus familiares, de música en directo a cargo de Os Valuros, baile, xogos temáticos e dunha merenda con petiscos, doces e castañas asadas. 

Estas residencias de maiores foron tamén decoradas con cabazas e outras manualidades feitas polos usuarios dos centros en varios obradoiros temáticos que favorecen o seu envellecemento activo e benestar.
 

Magostos-Residencias.IMG02