Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

Os maiores das residencias de Ribadeo, Pol e Trabada da Deputación celebran o magosto

maiores
Residencias
Os maiores das residencias de Ribadeo, Pol e Trabada da Deputación celebran o magosto
Gozarán, os días 30 e 31 de outubro, dunha xornada especial con actividades que contribúen a fortalecer a interacción entre os usuarios e usuarias e o envellecemento activo

As persoas maiores usuarias das residencias da Deputación en Ribadeo, Pol e Trabada celebran,a vindeira semana, unha xornada especial de magostoque inclúe unha ampla programación de actividades que contribúen a fortalecer a interacción e relacións sociais entre os usuarios do centro, así como ao seu envellecemento activo e benestar. 

O Centro de Maiores de Ribadeo celebrará o magosto na mañá do mércores cun menú especial elaborado con castañas. As persoas residentes con maior grado de autonomía poderán participar activamente nesta actividade asando as castañas no exterior do centro.

Ao día seguinte, o xoves, en horario de tarde, os centros de maiores de Pol e Trabada celebrarán o magosto conxuntamente. Ata a residencia de Pol achegaranse a responsable do centro de Trabada xunto a once residentes autónomos e dous dependentes en cadeira de rodas, a terapeuta ocupacional e unha auxiliar. O autobús sairá ás tres da tarde de Trabada e regresará ás oito. Os usuarios desfrutarán de baile, música e merenda con petiscos e doces con castañas. 

Estas residencias de maiores tamén serán decoradas con cabazas e outras manualidades feitas polos usuarios dos centros en varios obradoiros que están a realizar estes días nos centros.