Deputación de Lugo

O Presidente continúa coa visita aos servizos para coñecer ao persoal da Deputación de Lugo

presidente
José Tomé Roca
O Presidente da Deputación de Lugo visita ao persoal do Arquivo
José Tomé coñeceu este martes aos empregados e empregadas que traballan en diferentes áreas do Pazo de San Marcos, no Fogar de Santa María, no Edificio do Miño e nas dependencias provinciais situadas en Garabolos

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, continuou este martes coa rolda de visitas ao persoal dos diferentes servizos do organismo provincial para coñecer persoalmente a cada un dos traballadores e traballadoras da institución. 

No seu percorrido polo edificio de San Marcos, Tomé saudou aos empregados e empregadas da sección de Deportes, da Axencia de Enerxía, Informática, Contratación, Novas Tecnoloxías, Intervención e aos condutores do Parque Móbil. Logo desprazouse ao Servizo de Asistencia Xurídica e Técnica aos Concellos e á Sección de Formación, que se atopa nas Aulas de Formación.

Na praza de Santo Domingo coñeceu ao persoal do Servizo de Medio Ambiente e despois achegouse ao Museo Provincial, á Asesoría Xurídica e ao Servizo de Recadación. A visita continuou no Fogar de Santa María, onde saudou ao cadro de persoal do Centro de Artesanía e Deseño, ao do Servizo de Vías e Obras, ao Servizo de Expropiacións e a capela de Santa María. Despois dirixiuse ao Edificio do Miño, lugar onde se encontran os traballadores e traballadoras do Arquivo e de Mantemento.

O Presidente achegouse ao mediodía a coñecer aos empregados e empregadas da Escola de Imaxe e Son, os do Edificio do Miño e tamén do Centro de Produción de Programas, situado en Garabolos. O seu percorrido por dependencias provinciais rematou no Parque Móbil, onde Tomé Roca tamén se interesou polo traballo que realizan no seu día a día os empregados e empregadas deste departamento.