Deputación de Lugo
Economía

O Deputado de Promoción Económica recibe a importadores alemáns para coñecer os seus proxectos na provincia

economía
empresarios
deputados
Pablo Rivera Capón
O Deputado de Promoción Económica recibe a importadores alemáns para coñecer os seus proxectos na provincia de Lugo
Pablo Rivera mantivo un encontro cos empresarios, que están interesados en descubrir produtos agroalimentarios de carácter gourmet para distribuír no sector da hostalería

O Deputado de Promoción Económica, Pablo Rivera Capón, recibiu este martes no Pazo de San Marcos ao presidente da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, e a cinco importadores alemáns: Carlos Rodríguez, representante de Food Material, Juan Arán, representante de Solera Lebensmittel GMBH, Juan Ramón Belmar, representante de Colmado Berlín, Bárbara Schwarzwälder, representante de La Cava Club, David Salcedo, representante de Azafrán Gourmet e SandraCamarasa, representante de VSI Consulting.  Esta visita enmárcase na misión inversa de Alemaña organizada pola CEL e na que están inscritas 35 pemes galegas do sector agroalimentario no marco de InternovamarketFood, un proxecto de cooperación transfronteiriza que busca mellorar a competitividade da cadea de valor do sector da Euro rexión Galicia-Norte de Portugal.

Os empresarios alemáns trasladáronlle ao Deputado o seu interese polos produtos agroalimentarios da provincia de Lugo, incidindo na importancia que para eles teñen os que son de carácter gourmet, para logo distribuír no sector da hostalería e a restauración. Rivera Capón expúxolles as cuantiosas oportunidades que poden atopar en Lugo, “como poden ser os produtos con gran calidade de Lugo, moitos deles con Indicación Xeográfica Protexida, que nós poñemos en valor coas Exaltacións Gastronómicas e polos que a Deputación ten unha aposta clara porque fomentan o emprego e dinamizan a nosa economía”