Deputación de Lugo
Medio ambiente

Deputación e USC organizan unha nova edición da Xornada de Iniciación á Micoloxía o día 26

José Luís Raposo Magdalena
USC
micoloxía
Imaxe deputación de lugo
A Estación Científica do Courel acollerá a actividade divulgativa, centrada na diferenciación entre cogomelos comestibles e velenosos

As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 21

O Deputado de Medio Ambiente, JoséLuis Raposo Magdalena, informou deque o vindeiro sábado 26 de outubro na Estación Científica do Courel celebrarase a VII Xornada de Iniciación á Micoloxía,unha actividade divulgativa que se centrará na diferenciación entre cogomelos comestibles e velenosos. Esta iniciativa achega aos participantes ao mundo da micoloxía a través de diferentes relatorios e sesións prácticas. 

Os diferentes coloquios, que se desenvolverán entre as 9.30 e as 19.30 horas, estarán a cargo de especialistas na micoloxía, entre os que se encontran o profesor do departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC, Juan Luis Fernández Lorenzo, o director da Estación Científica do Courel e tamén profesor da USC, Antonio RigueiroRodríguez, e o técnico superior de apoio á investigación do departamento de Produción Vexetal e presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, JuliánAlonso Díaz.

As persoas interesadas en participar nesta actividade formativa poderán realizar a súa inscrición gratuíta ata o 21 de outubro. O formulario encóntrase na páxina web da Estación Científica do Courel, www.usc.es/es/servizos/eccourel/index.html. Tamén poden anotarse chamando ao número de teléfono 600.942.418 ou no enderezo de correo electrónico antonio.rigueiro@usc.es