Axenda Institucional
Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación recibe ao Subdelegado de Defensa de Lugo

José Tomé Roca
Subdelegado de Defensa
Visita Subdelagado de Defensa

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, mantivo este xoves no Pazo de San Marcos un primeiro encontro co Subdelegado de Defensa en Lugo, Fernando Brinquis Crespo, no que amosaron avontade de colaboración e compromiso coa provincia de ambas institucións. Esta entrevista enmárcase na ampla axenda de reunións con representantes institucionais, entidades e colectivos lucenses coas que Tomé Roca continúa pulsando as necesidades da provincia.