Deputación de Lugo
Recursos Humanos

O Presidente visita ao persoal dos diferentes servizos da Deputación

José Tomé Roca
Visita do Presidente ao persoal da Deputación

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, visitou este martes ao persoal de diferentes servizos do organismo provincial nunha rolda para coñecer persoalmente aos traballadores e traballadoras da institución que continuará nos vindeiros días.

No seu percorrido polo edificio de San Marcos, Tomé saudou aos empregados e empregadas da Unidade de Administración do Boletín Oficial da Provincia, o persoal de Programas de Emprego, e tamén ao persoal do Consorcio de Bombeiros e Contratación. Visitou o Servizo de Arquitectura, a sección de Patrimonio, Inventario Xeral, Nóminas e Seguridade Social e Servizo de Prevención e Riscos Laborais. O Presidente coñeceu tamén ao persoal do Servizo de Recursos Humanos, a Unidade de Rexistro e Servizo de Relacións Institucionais (Atención Cidadán e Protocolo). A visita rematou na sección de Informática de Recadación, Tesourería e Unidade de Portería e Vixilancia.