Deputación de Lugo

O Pazo de San Marcos tínguese de violeta en apoio á campaña #EmerxenciaFeminista

José Tomé Roca
emerxencia feminista
Foto fachada
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, sinala que con este feito quérese amosar o compromiso unánime deste Goberno para acabar con esta lacra

O Pazo de San Marcos, sede da Deputación Provincial de Lugo, tinguirase esta noite de cor violeta en sinal de apoio unha campaña a nivel nacional contra a violencia machista denominada #EmerxenciaFeminista. 


Con este feito, o Goberno Provincial quere amosar a súa enérxica repulsa ás agresións e abusos que sofren as mulleres a diario o  enérxico compromiso do organismo provincial nesta materia. 


“Estamos nunha situación de alerta, levamos un verán negro e os últimos casos que coñecimos esta semana dános evidencia de que é preciso unha maior responsabilidade e compromiso da sociedade”, sinala o Presidente da Deputación. “Temos que dar unha resposta contundente as administracións xa que temos que rematar con esta lacra”, puntualiza.