Deputación de Lugo
Medio ambiente

Un obradoiro recuperará a tradición da pesca da anguía no Terras do Miño

Centro de Interpretación Terras do Miño
Actividades de Verán
Imaxe deputación de lugo
Prazas dispoñibles para unha nova actividade dentro da programación das Actividades de Verán da Reserva da Biosfera Terras do Miño. As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades programadas deberán reservar a súa praza na páxina web www.deputacionlugo.gal

Este sábado día 21 de setembro en horario de 10 a 14 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, terá lugar unha nova actividade medioambiental gratuíta, A anguía no río Miño, etnografía e gastronomía. Esta iniciativa estará dedicada a os máis adultos e ten como obxectivo a conservación das tradicións e dos canteiros, unha maneira de dar visibilidade ao desaparecido arte da pesca da anguía, levado a cabo nos caneiros do río Miño. 

A meta desta actividade é recordar o antigo modo de pesca da anguía, mostrar parte da etnografía dos caneiros para a pesca da anguía e fomentar a gastronomía tradicional e cultural relacionada coa anguía. Durante a xornada haberá charlas sobre a pesca e a etnografía e o obradoiro de unha receita tradicional e a súa degustación. 

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades programadas deberán reservar a súa praza na páxina web www.deputacionlugo.gal ou en http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/; a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org e poden tamén chamar ao teléfono 982 227 813 para obter máis información.As inscricións faranse por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir as prazas ofertadas.