Deputación de Lugo
Medio ambiente

A Deputación impulsa a arquitectura vernácula a través das VI Xornadas de Bioconstrución

Arquitectura Vernácula
Medio Ambiente
bioconstrución
Xornada arquitectura vernácula
As persoas interesadas en participar neste foro gratuíto poderán inscribirse ata o vindeiro luns en www.espigabioconstrucion.org/actividades/

No encontro abordaranse cuestións relacionadas coa arquitectura do lugar a nivel topográfico, climático e cultural, co fin de revalorizar as edificacións populares

Últimos días para inscribirse nas VI Xornadas de Bioconstrución: Arquitectura Vernácula e os seus oficios, que organiza a Asociación Galega para a Bioconstrución en colaboración coa Deputación. Este evento totalmente de balde terá lugar os vindeiros días 13, 14 e 15 de setembro no Pazo de Tor de Monforte de Lemos. O prazo de inscrición continúa aberto ata este e as persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa solicitude no seguinte en www.espigabioconstrucion.org/actividades/

Esta é a sexta edición deste evento que busca divulgar sobre o uso de materiais e técnicas con criterios de bioconstrución; informar sobre as calidades destes materiais e formar a técnicos, aplicadores, profesionais e expertos nas diferentes técnicas construtivas axeitadas a estes criterios. Nesta ocasión, as xornadas xirarán entorno á arquitectura vernácula e aos seus oficios, nas que primarán cuestións relacionadas coa arquitectura do lugar a nivel topográfico, climático e cultural, entre outras, co fin de revalorizar as edificacións populares. 

Programa
Venres, 13 de setembro
- 16:30 horas: presentación das xornadas
- 17:00 horas: arquitectura tradicional en Galicia (Pedro de Llano)
- 17:45 horas: territorio e paisaxe (Ana Isabel Filgueiras)
- 18:30 horas: pausa café
- 19:00 horas: vivendas bioclimáticas en Galicia (Dolores García Lasanta)
- 19:45 horas: os espazos e as construcións da casa en Galicia (Begoña Bas)
- 20:30 horas: mesa redonda
- 21:00 horas: peche da xornada
- 21:30 horas: ECO2 CEA
- 23:00 horas: documental: Estructura, pel contra pel (Paco Gallego e Xosé Bocixa)


Sábado, 14 de setembro

- 09:00 horas: eco2 almorzo
- 10:00 horas: a memoria ancestral dos oficios (Espiga)
- 10:15 horas: carpintería de armar (Manuel Navarrete)
- 11:00 horas: pausa café
- 11:30 horas: morteiros tradicionais (Luis Prieto)
- 12:15 horas: rehabilitación Tapia (Fermín Font)
- 13:00 horas: mesa redonda
- 14:30 horas: ECO2 XANTAR
- 17:00 horas: presentación dos obradoiros de oficios tradicionais
- 17:30 horas: carpintería de armar (Manuel Navarrete); tapia (Fermín Font); morteiros tradicionais trabadillo (Luis Prieto); a cor na arquitectura tradicional (Enrique Jaspe); tellados de lousa (Damián Prado)
- 20:30 horas: peche dos obradoiros
- 21:30 horas: ECO2 CEA e festa guat-eco
- 23:00 horas:  actuación do Grupo musical CHEKAN

Actividades paralelas:
- 10:00 Xogos tradicionais (Asociación de bolos celtas de Mañufe) e exposición de materiais (Juan Bello e Luis Prieto)

Domingo, 15 de setembro
- 09:00 horas: eco2 almorzo
- 10:00 horas: patrimonio (Marta Candocia. Oficina De Rehabilitación de Mondoñedo)
- 11:00 horas: exemplos de proxectos de rehabilitación con técnicas de bioconstrución (Xulio Fernández, Miguel Serrano, Pablo Reboredo e Paul Van Der Mel)
- 12:30 horas: mesa redonda
- 13:30 horas: peche das xornadas e aperitivo
- 14:30 horas: ECO2 XANTAR

Xornada arquitectura vernácula