Cooperación concellos
Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación mantén unha ronda de reunións con representantes municipais e de entidades da provincia

José Tomé Roca
Sober
Pantón
Reunión do Presidente da Deputación, José Tomé co Alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, está a manter dende a conformación do Goberno unha ronda de reunións con representantes municipais e de entidades e colectivos da provincia para coñecer de primeira man as súas demandas e preocupacións, e abordar futuras colaboracións.

Así, esta mañá, Tomé mantivo varios encontros, entre outros, cos alcaldes de Pantón, José Luis Álvarez Blanco, e Sober, Luis Fernández Guitián, unhas entrevistas cordiais nas que os mandatarios lle expuxeron ao Presidente as necesidades que detectan nos seus municipios.

Reunión do Presidente da Deputación, José Tomé co Alcalde de Pantón, José Luis Álvarez Blanco