Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación remata en tres días o arranxo do firme da ponte de Uriz, en Begonte, e ábrea ao tráfico

estradas
Begonte
Obras de arranxo da estrada provincial na ponte de Uriz en Begonte

A Deputación de Lugo reabriu este mércores pola tarde á circulación a ponte de Uriz, en Begonte, ao concluír en só tres días as obras de arranxo do firme tras producirse un afundimento nunha parte da vía.

Os traballos, que arrancaron o luns e remataron onte, consistiron no baleirado e rexeneración con formigón da parte da calzada afundida e a posterior reconstrución do firme con aglomerado.