Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Corporación Provincial condena o crime machista de Vilalba

condenan
crime machista
Vilalba
Membros da Corporación Provincial condenan o crime machista de Vilalba

Membros da Corporación Provincial participaron este luns, na concentración convocada polo Concello de Lugo, diante da Casa Consistorial, en repulsa ao crime machista de Vilalba. Fixérono como mostra de apoio aos familiares e ás amizades da vítima, co fin de condenar este e calquera outro acto de violencia contra a muller e reprobar esta lacra social.