Deputación de Lugo
Economía

Aberto o prazo de inscrición para participar nun novo curso de capacitación no sector do transporte

Axencia de Colocación
Curso de Capacitación do Sector do Transporte
gratuito
Imaxe deputación de lugo
Os interesados poderán inscribirse a través da Axencia de Colocación ata o vindeiro 30 de xullo. Ofértanse 15 prazas para este curso que comezará no mes de setembro e que inclúe 430 horas de formación teórica e práctica

Aberto o prazo de inscrición para participar no Curso de Capacitación do Sector do Transporte, posto en marcha polo Executivo Provincial e a Asociación Empresarial Transportes Río Miño de Lugo (AETRAM). A través desta iniciativa, que conta con 15 prazas, desempregados lucenses recibirán a formación necesaria, de xeito gratuíto, para capacitarse como condutores profesionais no sector do transporte.

Os interesados poderán formalizar a súa inscrición ata o vindeiro 30 de xullo a través da axencia de colocación e deberán contar cos seguintes requisitos: ser maiores de 21 anos; estar en situación de desemprego e contar co permiso de conducir B.

O curso de capacitación para a formación integral de condutores profesionais, comezará o vindeiro mes de setembro e contará con 430 horas de formación. Os participantes recibirán a formación teórica e práctica necesaria para acadar os seguintes permisos: CAP; Permiso C; Permiso E; e Mercadorías Perigosas.

Para máis información e inscricións os interesados poden consultar o seguinte enlace: https://deputacionlugo.portalemp.com/

Formación gratuíta


Esta liña de formación e xeración de emprego que ofrece o Goberno da Deputación busca dar resposta ás demandas das empresas que pertencen ao sector do transporte. O Goberno Provincial decidiu pór en marcha esta programación en base a unha necesidade real do sector, co fin de conseguir incrementar o número de traballadores formados e crear emprego no rural. Este é o cuarto curso de capacitación que pon en marcha o Executivo Provincial, nos que xa se formaron máis de 50 desempregados lucenses no ámbito forestal e agrogandeiro.