Cultura
Deputación de Lugo

A Deputación colabora na xornada de estudo sobre o Folión dos Carros de Chantada

Chantada
cultura
Pilar García Porto
asociacion amigos do folion
- A Deputada de Cultura en funcións, Pilar García Porto, xunto con outras autoridades, presentou esta iniciativa cultural que leva por título “Etnografía, Patrimonio e Desenvolvemento na Ribeira Sacra”, e esta organizada pola A. C. Amigos do Folión
- Celebrarase o día 17 de agosto, no Auditorio Municipal de Chantada, e participarán 15 persoas vinculadas con esta temática. A xornada inclúe 3 mesas redondas nas que se abordarán festas similares de León e Cantabria, e un desfile de caretas de Reinosa
- Ademais neste evento cultural, que presentará Laura Vázquez, tamén se emitirá un documental do Folión dos Carros de Miguel Carbonell do ano 1983, e contará cunha homenaxe aos fundadores da A. C. Amigos do Folión de Chantada

A Deputada de Cultura en funcións, Pilar García Porto, xunto con outras autoridades, presentou en Chantada a xornada cultural e de estudo que leva por título; “Etnografía, Patrimonio e Desenvolvemento na Ribeira Sacra”, que organiza a  A. C. Amigos do Folión, coa que colabora o Executivo Provincial., e que este ano conmemoran o 30 aniversario.

Esta nova cita cultural celebrarase o día 17 de agosto, no Auditorio Municipal de Chantada, e nela participarán 15 persoas vinculadas con esta temática. A xornada inclúe 3 mesas redondas nas que se abordarán festas similares das comunidades de León e Cantabria, así como un desfile de caretas de Reinosa.

Ademais neste evento cultural, que presentará Laura Vázquez, tamén se emitirá un documental do Folión dos Carros de Miguel Carbonell e que foi realizado no 1983, e contará cunha homenaxe aos fundadores da A. C. Amigos do Folión de Chantada.

Programación

A xornada, que se celebrará o día 17 de agosto no Auditorio Municipal de Chantada  comeza ás 10:30 horas coa conferencia inaugural do Catedrático da UNED, Honorio Velasco, co titulo; “La fiesta como patrimonio inmaterial”. Ás 12:30 continua a 1ª mesa redonda na que se debaterá sobre o Patrimonio inmaterial: manifestacións culturais con carro tradicional. Pola tarde, ás 17:00 horas, a 2ª mesa analizará o Patrimonio na Paisaxe cultural da Ribeira Sacra, e ás 18:30 horas da comezo a última mesa sobre a Cultura e desenvolvemento económico local. Pecha esta programación o documental de Carbonell.


Colaboración

O Goberno Provincial colabora activamente ao longo do ano coa Asociación de Amigos do Folión, para facer posibles actividades como a exposición sobre o folión ou a restauración de carros. Ademais, no mesmo día da Festa do Folión, o Goberno fai posible exhibición de pezas de artesáns do CentrAD e a actuación dunha banda a través do programa Musiqueando, así como a exposición de fotografía “No carro un latexar”, que se exhibiu na Capela de Santa María de Lugo.