Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación pon en marcha o Plan de desbroce da rede viaria provincial máis extensa de España

Plan de desbroce
rede viaria provincial
17 Concellos
A Deputación pon en marcha o Plan de desbroce da rede viaria provincial máis extensa de España
O Goberno da Deputación xa ten adxudicado o Plan de desbroces en 17 Concellos da provincia para levar a cabo actuacións que contribúen á seguridade viaria, mellora a visibilidade, axuda a previr incendios e dá traballo a moitas pequenas empresas da provincia

Estes traballos adxudícanse na súa m a autónomos e pequenas empresas, case todas da provincia de Lugo, cumprimos co obxectivo de poñer a punto os 4.300 quilómetros das nosas estradas para o verán”

Este plan, que de desenvolverá durante os anos 2019 e 2018, está dotado de case 2,5 millóns. Polo momento, están xa adxudicados os traballos nos Concellos de Burela, Cervo, Foz, O Valadouro e Alfoz, Castro de Rei, Pol, Meira, Lugo, Guntín, Friol, O Páramo, Paradela, Sarria, Taboada e O Saviñao. Os traballos comezarán nos vindeiros días

O Goberno da Deputación xa ten en marcha o Plan de Desbroce de estradas da rede viaria provincial que, con 4.200 quilómetros, é a máis extensa de España. Trátase dunha programación que se desenvolverá durante os anos 2019 e 2020 e que conta cun orzamento de case 2,5 millóns de euros. Este mesmo venres, a Xunta de Goberno da Deputación adxudicou os traballos de desbroce en 17 dos 67 municipios: Burela, Cervo, Foz, O Valadouro e Alfoz, Castro de Rei, Pol, Meira, Lugo, Guntín, Friol, O Páramo, Paradela, Sarria, Taboada e O Saviñao. Os traballos comezarán nos vindeiros días.
 
Cómpre lembrar que coa execución destes traballos, que se adxudican a autónomos e pequenas empresas, case todas da provincia de Lugo, o Goberno Provincial cumpre cun obxectivo de poñer a punto para o verán as nosas estradas, que forman a rede provincial máis extensa de España, con 4.300 quilómetros. Son traballos moi necesarios porque grazas a estes traballos mellórase a seguridade dos condutores que circulan polas estradas, ao facilitar a visibilidade na rede viaria e reducir o risco de avance das lapas no caso de producirse un incendio forestal, ao tempo que se xeran e manteñen postos traballo do que se benefician moitos autónomos e pequenos empresarios da provincia.

Nas vindeiras semanas, iranse adxudicando o resto de municipios co fin de poder iniciar os traballos de xeito inminente, pois son actuacións moi necesarias tanto para a seguridade dos condutores como para previr incendios.