Cultura
Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación colabora co Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos

Festival do Viño
Ribeira Sacra
Monforte de Lemos
O Goberno da Deputación colabora co Festival do Viño  da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos

O Goberno da Deputación colabora coa nova edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra do Monforte de Lemos que se celebra durante esta fin de semana. Unha iniciativa diferente, que inclúe un amplo programa de actividades en torno ao viño, o auténtico protagonista do festival. Nesta edición participan  25 adegas da D.O. Ribeira Sacra. Todas estas adegas ofrecerán ó visitante a posibilidade de degustar e gozar dunha ampla variedade de viños nunha contorna natural, tranquila e confortable á beira do Río Cabe.

O “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte” é un evento destinado a público de todas as idades, onde os viños desta D.O. son os auténticos protagonistas, xa que son o vehículo capaz de unir historia, tradición e cultura e na que todos os visitantes vivirán unha experiencia inesquecible.