Deputación de Lugo
Infraestruturas

Adxudicados os traballos de construción do carril para bicicletas no paseo do Rio Rato de 2,5 quilómetros

carril para bicicletas
Rio Rato
paseo
Adxudicados os traballos de construción do carril para bicicletas no paseo do Rio Rato de 2,5 quilómetros
Santos Ramos e Méndez López informaron sobre a contratación destes traballos con 505.600 euros, acadando un aforro de 170.141 euros en relación ao orzamento de licitación

O paseo desenvolverase nun treito de 2,5 quilómetros, entre o inicio do mesmo, na zona da Tolda da Castela, e o cruce da LU-530 coa LU-P-2925. Construirase unha zona de ocio, con bancos, paneis informativos e unha outra de aparcadoiro para bicicletas

O carril terá 2,5 metros de ancho e vai apoiado por un lado na ladeira e por outro nun pequeno muro. Debido ao desnivel levantaranse 4 plataformas elevadas. Todo o carril disporá de pasamáns de seguridade

Deputación e Concello realizaron outras medidas de posta en valor da zona como a dotación dun sistema de iluminación, que contou cun investimento de 750.000 euros; ou melloras na seguridade desta vía, moi empregada pola veciñanza

O Voceiro do Goberno en funcións, Álvaro Santos Ramos, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, informaron este venres que a Xunta de Goberno da Deputación adxudicou con 505.600 euros os traballos de construción no Paseo do Río Rato dun carril específico para bicicletas. Logo do proceso de contratación acadouse un aforro de 170.141 euros en relación ao orzamento de licitación. Trátase dun proxecto de Deputación e Concello de Lugo que se desenvolverá ao carón do río rato, nun treito de 2,5 quilómetros, entre o inicio do paseo, na zona da Tolda da Castela, e o cruce da LU-530 coa LU-P-2925. Previsiblemente, as obras iniciaranse no remate do verán.

O carril para bicicletas situase entre o paseo peonil e a estrada do Rato. No comezo, na zona da Tolda, dotarase unha zona de ocio, con bancos, paneis informativos... Para a construción do propio carril, instalarase unha tarima de 2,5 m de ancho. Todo o carril disporá dun pasamáns de seguridade de madeira duns 90 centímetros. Debido ao desnivel que existe en distintos puntos do paseo, será necesario construír 4 plataformas elevadas que estarán sostidas ao chan por vigas de madeira. Tanto no propio paseo como nas plataformas, empregaranse materiais antiesbarrantes e respectuosos co medio ambiente e coa fauna da zona. Dotarase a zona tamén de aparcadoiro para bicicletas e sinalización.

O Voceiro do Goberno en funcións destacou que “cumprimos unha vez máis cos veciños e presentamos este proxecto do carril para bicicletas que axudará a dinamizar o que é o pulmón verde da cidade de Lugo. A posta en valor deste espazo, no que ademais de dotalo do novo sistema de iluminación, tamén temos o Centro de Interpretación no que ofrecemos centos de actividades gratuítas, pasa por continuar desenvolvendo proxectos que respondan ás necesidades da cidadanía, e a construción deste carril era unha delas. Logo da dotación do sistema de alumeado, cada vez son máis os veciños non só de Lugo, senón da provincia, que se achegan a este espazo natural que esperemos que cando conte co carril para bicicletas visiten aínda máis”.

A Alcaldesa puxo en valor que “o Concello, en colaboración coa Deputación, segue a impulsar o modelo de cidade mais humana, con máis mobilidade, accesibilidade, integración e con maior grao recuperación de espazos públicos, integrando, neste caso o Río Rato e que complementan a estratexia DUSI. Cando as administracións públicas colaboramos e sacamos para adiante proxectos en común, como o que hoxe estamos a presentar, son os cidadáns e os veciños os que resultan beneficiados”.

Características da obra
Os Gobernos Provincial e Municipal, e en resposta ás peticións dos veciños, construirán no paseo do Rato un carril para bicicletas, por ser un dos escenarios naturais máis característicos e concorridos da cidade de Lugo. Todas as actuacións e materiais non afectarán á vexetación de ribeira do paseo do Rato.

As obras deste proxecto comprenden o acondicionamento do terreo, co o desbroce e limpeza do terreo para a posterior apertura da caixa para a execución do carril mediante o desmonte. De seguido, faranse traballos de drenaxe transversal, coa instalación de tubaxes, que é garantía de durabilidade. Para dar continuidade ao carril bici, debido á orografía do terreo, será necesario a execución de catro pasarelas pilotadas que se construirán en madeira aserrada. As alturas máximas previstas da plataforma de paso sobre o chan son de 2m. Tamén se executarán muros de perpiaño coa súa correspondente pasamáns de seguridade. Para a pavimentación empregarase zahorra artificial, para posteriormente colocar en ambos marxes, bordillos rectos de formigón que terán a función de encofrado perdido cando se verta a solera.

Finalizada la solera de formigón, o carril dotarase dun revestimento de protección de pavimento sobre el formigón de 2 a 3 mm de espesor total aproximado, acabado rugoso, con resistencia ao deslizamento. Este revestimento tamén se executará nas pasarelas de madeira. Finalizada a pavimentación, realizarase o pintado do eixe do carril bici mediante una marca vial reflexiva branca. Ademais este espazo dotarase dos paneis informativos, soportes aparca bicicletas, bancos de madeira, papeleiras e a correspondinte sinalización vertical. Realizaranse tamén traballos de xardinería e tratamento da paisaxe, coa plantación de diversas especies autóctononas da zona.

Iluminación do Río Rato
Deputación e Concello dotaron ao Paseo Fluvial do Río Rato e a estrada LU-P-2925 dun sistema de iluminación, que contou cun investimento de 750.000 euros. Actuouse nun treito de 7 quilómetros, entre a Avenida de Madrid e o parque do Sagrado Corazón, no que se situaron 283 puntos de luz ecolóxicos (LED). Son 103 luminarias na estrada e 147 no paseo fluvial, dos que 3 son proxectores para o túnel que hai debaixo da rotonda que comunica con dito parque. A intensidade dos puntos de luz oscila entre os 179 vatios e os 12,5, tendo en conta a súa ubicación para respectar o medio ambiente. Tamén para reducir o impacto ambiental, hai 252 farolas de color neutro. A distancia entre as mesmas é de 25 metros no paseo e de 30 na estrada. As do paseo teñen 1 punto de luz e nalgunha da estrada dobre luminaria.

Dotouse a zona duns 20.000 metros de cableado de aluminio e non de cobre. Hai un sistema informático, cuxas probas de funcionamento se farán primeiro dende a Axencia Provincial da Enerxía, pero logo terá que ser xestionado no Concello de Lugo, para regular a intensidade luminosa, aforrar custos ao poder adaptar a luz ás condicións climatolóxicas, e garantir a luminosidade. Nunha pantalla o municipio lugués poderá controlar o correcto funcionamento de cada un dos 283 puntos de luz.  

Máis melloras na zona
Este proxecto conlevou máis medidas de seguridade na estrada LU-P-2925, pois, xunto aos 103 puntos de luz que se instalaron no vial, tamén se situaron 1.466 metros de biondas de seguridade. O Goberno da Deputación aplicou neste vial slurry, un material adherente e antiesbarante, que se pon nas autovías, que impermeabiliza o firme, mellora a evacuación de augas e dota á estrada dunha maior adherencia. Está composto por alcatrán, emulsión asfáltica, auga, aditivos, cemento e áridos.

 

Adxudicados os traballos de construción do carril para bicicletas no paseo do Rio Rato de 2,5 quilómetros