Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación promove novas propostas artísticas a través do ciclo Experimenta con danza, música e audiovisuais

ciclo
Experimenta con danza
música e audiovisuais
actividades gratuítas
A Deputación promove novas propostas artísticas a través do ciclo Experimenta con danza, música e audiovisuais
“Trátase dunha pioneira iniciativa cultural gratuíta co fin de sumar novas ofertas culturais á cidade, e facémolo, a través de propostas que quedan fora do circuíto actual pola singularidade das pezas ou polas novidades que conlevan”, explicou o Deputado

Celebrase os dias 24, 25 e 26 de xullo no Pazo de San Marcos. A programación inclúe unha performance da man de Púlsar; un espectáculo de música electrónica e audiovisuais con San Jerónimo, e por último as guitarras acústicas de Elle Belga

Vidal Baamonde remarcou que “serán tres xornadas na capital da provincia totalmente novidosas e impáctante para todos os visitantes”

Esta iniciativa nace a través do grupo lucense Tele-Clube, unha asociación que pretende revitalizar os barrios e zonas periféricas a través de actuacións musicais e outras actividades culturais

O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, avanzou este mércores a programación do ciclo Experimenta que promove o Goberno da Deputación completamente gratuíto, en colaboración co grupo Tele-Clube de Lugo. No acto estivo acompañado de Chus Rodríguez, representante desta Asociación, que anunciou moitas sorpresas neste ciclo. “Trátase dunha pioneira iniciativa cultural co fin de sumar novas ofertas culturais á cidade, e facémolo, a través de propostas que quedan fora do circuíto actual pola singularidade das pezas ou polas novidades que conlevan”, explicou o Deputado.

Vidal Baamonde remarcou que “un dos obxectivos do ciclo Experimenta é dinamizar a relación entre as persoas a través do encontro entre as diferentes artes impulsando a participación social. Polo tanto, serán tres xornadas na capital da provincia totalmente novidosas e impáctante para todos os visitantes”.

“A programación comeza o día 24 de xullo a partir das 20:30 horas con Púlsar, que inclúe unha performance na Sala de exposicións da Deputación que dirixen Javier Martin e Luis Casanova. O día 25 de xullo haberá un espectáculo de música electrónica e audiovisuais da man de San Jerónimo que son María Mieres e Nacho Iglesias. E o dia 26, nos xardíns da Deputación, pecha o ciclo Elle Belga (Slowcore)”, sinalou.

O Deputado convidou “a todos os lucenses e visitantes a achegarse ao Pazo de San Marcos nestas datas e desfrutar das últimas propostas do panorama cultural, a través dun programa que enlaza a música con outras disciplinas artísticas coa intención de achegalas ao publico, utilizando espazos emblemáticos e históricos como neste caso o Pazo de San Marcos”.

Programación


A sala de Exposicións e os Xardíns do Pazo de San Marcos serán o escenario desta novidosa proposta cultural que se celebrará os dias 24, 25 e 26 de xullo na capital da provincia. Esta iniciativa nace a través do grupo lucense Tele-Clube, unha asociación que pretende revitalizar os barrios e zonas periféricas a través de actuacións musicais e outras actividades culturais. A programación é a seguinte;

24 de xullo (música e danza)
A partir das 20:30 horas comeza o ciclo con Púlsar, que inclúe unha performance na Sala de exposicións da Deputación que dirixen Javier Martin e Luis Casanova. Javier Martín, coreógrafo e investigador, e Luís Casanova, percusionista de grupos como GUERREIRA ou holywater, darán vida a unha performance con PÚLSAR, unha improvisación a nivel de música e movemento.

25 de xullo (música electrónica e audiovisuais)
Espectáculo de música electrónica e audiovisuais da man de San Jerónimo que son María Mieres e Nacho Iglesias. El Sur é o recente disco desta banda e conta cunha das coleccións de cancións máis emocionantes e reais que escoitamos en moito tempo.

26 de xullo (murmurio, guitarras acústicas e percusión)
Os Xardíns da Deputación acollen a actuación de Elle Belga (Slowcore), do que forman parte Fany Álvarez e José Luis García. O seu ultimo proxecto é Refuxio, feito a base rítmica e a melodía, que segue sendo o alicerce da composición. A través de sons inquietantes e letras dunha serenidade conmovedora, penétranse nun repouso ficticio e bastante perturbador.

 

A Deputación promove novas propostas artísticas a través do ciclo Experimenta con danza, música e audiovisuais