Cultura
Deputación de Lugo

Lugo convértese na capital internacional do blues coas actuacións de Watermelon Slim e YolanDa Brown

festival blues
Watermelon Slim
YolanDa Brown
Blues Museum
Lugo convértese na capital internacional do blues coas actuacións de Watermelon Slim e YolanDa Brown
A terceira edición do Blues Museum de Lugo celebrarase os días 19, 20 e 21 de xullo cun amplo programa de concertos ao aire libre con entrada gratuíta

Serán 9 actuacións nas que participan 6 artistas do mellor do panorama internacional con directos vibrantes cos que desfrutar a ritmo de blues. Haberá unha Masterclass a cargo de Ben Poole, un dos artistas novos máis excitantes de Rock, Blues e do Soul

As actuacións serán nos Xardíns do Museo e nas Prazas de Campo Castelo, Soidade, e San Marcos. O programa complétao Aretha Soul Divas & The Silverbacks, Izo Fitzroy, Chris O’Leary Band e Ben Poole

García Porto e Fernández Méndez presentaron esta nova cita na Praza da Soidade


Lugo convertese novamente na capital do blues coa celebración de Blues Museum que este ano acolle a terceira edición. “Serán os días de 19, 20 e 21de xullo, e a programación inclúe unha ampla axenda de concertos ao aire libre con entrada gratuíta, unha iniciativa que promove o Goberno da Deputación”, así o avanzou a Deputada de Cultura en funcións, Pilar García Porto na Praza da Soidade. No acto estivo acompañada do Voceiro do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez.

García Porto explicou que esta nova programación “é unha nova aposta cultural da Deputación que brinda a oportunidade de gozar de xeito gratuíto a todos os visitantes dos mellores artistas do blues, e ao mesmo tempo, de desfrutar do noso patrimonio histórico, xa que o espazo dos concertos convive entre Patrimonio da Humanidade como a Muralla de Lugo, o Camiño Primitivo ou a Catedral de Santa María”.

A Deputada remarcou que “serán 9 actuacións nas que participan 6 artistas do mellor do panorama internacional con directos vibrantes cos que desfrutar a ritmo de blues. O programa inclúe os concertos de dous referentes deste xénero como son Watermelon Slim e YolanDa Brown, e compárteno con artistas e bandas como Aretha Soul Divas & The Silverbacks, Izo Fitzroy, Chris O’Leary Band e Ben Poole”.

Masterclass de Ben Poole
Ademais, a programación inclúe como actividade paralela unha Masterclass a cargo de Ben Poole o sábado día 20 ás 13:00 horas, nos xardíns do Museo Provincial. Poole Esta considerado un dos artistas novos máis excitantes de Rock, Blues e do Soul. Para participar nesta sesión, non se precisa inscrición previa, será ata completar aforo de 40 participantes.

 

Programa do III Festival Internacional de Blues de Lugo -Blues Museum
Venres 19/07/2019
13:30 h
Xardíns do Museo
YolanDa Brown - concerto familiar
21:30 h
Praza da Soidade
Izo Fitzroy
YolanDa Brown
Ben Poole

Sábado 20/07/2019
13:00 h
Xardíns do Museo
Ben Poole - Masterclass
21:30 h
Praza da Soidade
Chris O ´Leary
Watermelon Slim
Aretha Soul Divas & The Silverbacks

Domingo 21/07/2019
13:00 h
Xardíns do Museo
Izo Fitzroy

6 artistas internacionais
Watermelon Slim
Soamente 3 lendas como B.B. King, Buddy Guy e Robert Cray lograron 6 nominacións nun ano aos Blues Music Awards, e por encima deles, Watermelon Slim é o único que logrou esa fazaña 2 anos consecutivos, e 17 nominacións en total en 4 anos. William Homans, coñecido como Watermelon Slim pola súa delgada complexión e por estar 28 anos traballando en campos de sandías, ten unha das carreiras e vidas máis impresionantes do blues. Ademais de cultivar sandías, traballou conducindo camións, operando carretillas, vendendo leña, oficiando funerais, ou ata delinquindo para poder sobrevivir. Unha das súas experiencias vitais foi a guerra de Vietnam, posto que ferido nunha cama de hospital foi onde comezo a tocar a guitarra coa tapa dunha lata oxidada de café e o seu Zippo como slide. Gravou o seu primeiro álbum en 1973, un disco antibelicista chamado Merry Airbrakes; e aínda que nunca deixou de tocar, non foi ata 1999 que gravou un novo álbum e retomou a súa carreira profesional. Desde o multipremiado The Wheel Man ao seu incursión no contry-and-western con Escape from the Chicken Coop, Slim non deixou de publicar discos, sempre con gran éxito por parte de crítica e público.

YolanDa Brown
A nova saxofonista británica con raíces xamaicanas foi a primeira artista galardoada con dous premios consecutivos MOBO ao Mellor Jazz. A progresión ascendente da súa carreira é indiscutible, e co seu novo álbum Love Politics War, sorprendeu a todos pola destreza coa que mestura jazz, reggae e soul, e está cargado de mensaxes sociais, reflectindo o estado actual do mundo coas súas tensións políticas e os seus numerosos levantamentos e protestas, coa mensaxe subxacente de que o amor conquístao todo. Unha auténtica muller do renacemento contemporáneo, cuxo show en directo é toda unha experiencia; Brown domina á perfección o que é o seu medio natural: o escenario.

Chris O´Leary
O cantante e armonicista estadounidense empezou o seu andadura como frontman, cantante principal e armónica de The Barn Burners, a banda da lenda e ganador dun Grammy Levon Helm. Durante seis anos viraron por todo Estados Unidos e Canadá, arrasando co seu directo e creando unha lexión de incondicionais. Chris arrincou a súa carreira en solitario co disco Mr. Used to Be, que foi premiado en 2011 como o mellor debut discográfico nos Blues Blast Awards e nomeado como mellor artista nos American Blues Music Awards. Outra referencia deste artista é un directo gravado en Basilea en 2014 que constitúe unha porta de entrada á banda e unha mostra do que se pode ver nos seus concertos.
    

Izo Fitzroy
Crudeza, interpretacións dinámicas, e honestidade compositiva. Estas son as calidades da cantante de blues Izo Fitzroy. Nada e criada en Londres, a música de Izo está influenciada polo poder das lendas femininas do blues como Janis Joplin, xunto á lírica sincera dun soulman como Bill Withers, fusionado coas súas raíces gospel logo de anos cantando, liderando e dirixindo coros en vira. Nos seus directos a banda de Izo Fitzroy desprega un ramo de harmonías perfectas para a voz de Izo e o seu traballo ás teclas con ese aroma de jazz, diferenciándoa dos seus contemporáneos en emocionantes shows en directo. Durante a súa estancia en New Orleans dedicouse a compoñer e gravar a súa debut Skyline, publicado en 2017. A produción correu a cargo de Dr. Rubberfunk. Este tándem creativo floreceu e pronto creceu desde unha pista a un álbum repleto de gospel, cálido blues e o vintage groove funky do bo Doutor.

 

Aretha Soul Divas
Aretha Soul Divas & The Silverbacks – Homenaxe a Aretha Franklin – recuperan o espírito e o incontestable legado de Aretha Franklin a través de himnos tales como Respect ou I´Say a Little Prayer, que correrán a cargo dalgunhas das voces femininas máis potentes e singulares da escena (Astrid Jones, Juno, Mayka Edjole e Shirley Davis). Sobre o escenario, as Aretha Soul Divas estarán acompañadas dunha das mellores bandas de soul e funk do país, The Silverbacks, grupo do selo Tucxone Records que, para a ocasión, preparou un repertorio cos mellores clásicos da gran dama do soul. Aretha Franklin, deixounos un enorme legado musical e que destacou tamén polo seu compromiso polos dereitos civís e o empoderamento feminino.

Ben Poole
Poole está considerado como un dos artistas novos máis excitantes de Rock, Blues e do Soul que saíu do Reino Unido nos últimos tempos. Lanzou o seu álbum de debut en 2013, complementado por un incrible directo rexistrado no Royal Albert Hall. O seu último lanzamento discográfico ata o momento, «Estafe Has Come», captura a esencia dos seus directos no estudo, Ben traballou co produtor Wayne Proctor (batería de King King) e o enxeñeiro Andy Banfield. Este traballo tamén conta coa colaboración dos guitarristas de blues en Europa: Aynsley Lister, Henrik Freischlader, Todd Sharpville e Stevie Nimmo.