Deputación de Lugo
Infraestruturas

Cortadas ao trafico varias estradas provinciais do Courel por obras de mellora

Cortadas
estradas
obras de mellora
Imaxe deputación de lugo
Son a LU-P-5601, pechada ao tráfico do 27 de xuño ao 3 de xullo, así como as 1301, 1303, 1306 e 4501, nas que haberá desvíos perfectamente sinalizados

O Goberno da Deputación realizará obras de mellora esta mesma semana en 5 vías da rede viaria provincial no Concello de Folgoso do Courel o que obrigará a realizar cortes de tráfico en varias delas.

Son a LU-P-5601, que vai de Samos (LU‐633) ‐ Courel (LU‐P‐1301) e Ramal a Santa Mariña, dende o punto quilométrico 34 ao 36,02, quie permanecerá cerrada na súa totalidade a partir do xoves 27 de xuño ata o 3 de xullo. O fin de semana estará aberta

Nas seguintes vías, nas que tamén se realizarán obras de mellora, haberá desvíos perfectamente sinalizados:

- LU-P-1301, ramal 2, “Seoane do Courel (LU‐651) ‐ Hospital (LU‐633) e Ramais a Piñeira e Lousada‐ Vilela”, punto quilométrico 1,48 ao 2,58.
- LU-P-1303 “Seoane (LU‐P‐1301) ‐ Visuña ‐ Ferramulin (LU‐P‐5004)”, punto quilométrico 14 ao 15,6.  
- LU-P-1306 “Megoxe (LU‐651) ‐ Seceda ‐ Ferreira do Incio (LU‐642)”, punto quilométrico 2,9 ao 3,9.  
- LU-P-4501 “Poio (LU‐633) ‐ Louzarela ‐ LU‐P‐5601 e Acceso a Meiraos”, punto quilométrico 6,8 ao 7,8.