Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Deputación colabora coa celebración do Campionato de España feminino de rugby 7

Campionato de España feminino
rugby 7
Seleccións Autonómicas
A Deputación colabora coa celebración do Campionato de España feminino de rugby 7
Trátase do Campionato de España por Seleccións Autonómicas, no que as galegas, actuais campioas, intentarán revalidar o título

Campos Conde destacou “Queremos convidar a todos os afeccionados a asistir e apoiar as nosas xogadoras, para que se sintan acompañadas e entre todos consigamos superar a invisibilización do deporte feminino”

O Presidente da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, xunto co Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, e membros da directiva da Federación de Rugby, presentaron, este martes, o Campionato de España de Seleccións Autonómicas femininas de Rugby 7, que se celebrará en Ribadeo o vindeiro sábado 29 de xuño. O executivo provincial colabora con esta cita deportiva achegando 5.000 euros para a promoción do deporte feminino na provincia.

Campos Conde destacou “a importancia de potenciar o deporte feminino neste momento clave para alcanzar a igualdade. O rugby é un deporte que non para de medrar en número de fichas e afección. Queremos convidar a todos os afeccionados a asistir e apoiar as nosas xogadoras, para que se sintan acompañadas e entre todos consigamos superar a invisibilización do deporte feminino”  

O campionato enfrontará ás actuais campioas, a selección galega, contra as seleccións das Federacións de Andalucía, Baleares, Castela e León, Cataluña, Madrid, Murcia, Navarra, País Vasco, Asturias, Cantabria e Valencia.

 

A Deputación colabora coa celebración do Campionato de España feminino de rugby 7