Cultura
Deputación de Lugo

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre protagonistas da noite de San Xoán en Antas de Ulla

Antas de Ulla
música
música tradicional
Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre en Antas de Ulla
A cita será este domingo día 23 de xuño, ás 23:30 horas ao carón do colexio da vila, esta promovido polo Goberno da Deputación

O musico Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitres son os protagonistas das festas de San Xoán que se celebran, este domingo día 23, en Antas de Ulla. A cita será a partir das 23:30 horas ao carón do colexio da vila, e esta promovida polo Goberno da Deputación.

Díaz compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Foi cantante titular da compañía Nova Galega de Danza, e formou parte do grupo Berrogüetto. Na súa traxectoria profesional tamén conta co Premio de la Academia de la Música á mellor canción en galego (2011) e o de mellor grupo de música folk na primeira edición dos Premios Martín Codax da Música (2013), así como o galardón á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo (2014) coa película Inevitable.

Participou xunto a Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero no proxecto aCadaCanto co que editaron aCadaCanto (2012) e A Rosa D`Adina (2014). Colaborou en discos e concertos de diferentes artistas, como Kepa Junkera, Xosé Manuel Budiño, Carmen París, Amancio Prada, Luar na Lubre, Uxía ou Os Cempés.

Noite de San Xoán
Adufes, pandeiretas, cunchas, pandeiras… Todo un exército de parches para montar unha gran foliada na noite de San Xoán de Antas de Ulla. O espectáculo do disco, 15 músicos en escena cun directo poderoso coa clara intención de revisar ao vivo o repertorio da gravación que Xabier, e este grupo de 12 cantoras e percusionistas están presentando acompañadas de Gutier Álvarez (violín e zanfona) e Javier Álvarez (acordeón diatónico).

Xabier Díaz (voz e percusións)
Gutier Álvarez (zanfona e violín)
Javier Álvarez (acordeón diatónico)
Cristina Pico (voz e percusións)
Iria Penabad (voz e percusións)
Montse García (voz e percusións)
Patricia Gamallo (voz e percusións)
Maite López (voz e percusións)
Noemi Basanta (voz e percusións)
Carolina Vázquez (voz e percusións)
Bea Mariño (voz e percusións)
Lidia Sanmartín (voz e percusións)
Gisela Sanmartín (voz e percusións)
Icía Sanmartín (voz e percusións)
Mariña García (voz e percusións)