Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

As xogadoras do Burela FSF, campioas da Copa da Raíña, foron homenaxeadas na Deputación

Burela FSF
Copa da Raíña
xogadoras
As xogadoras do Burela FSF, campioas da Copa da Raíña, foron homenaxeadas na Deputación
Campos Conde recibiu ás integrantes do club mariñán que se alzaron co trofeo de Copa o pasado fin de semana ao impoñerse na final do campionato, celebrado en Burela, ao campión da Liga, o Futsi Atlético Feminino, na quenda de panaltis

O Presidente en funcións destacou que “dende a Deputación queremos facer desta institución e desta provincia un referente cando se fale de deporte feminino, pois supón un avance moi importante para acadar a igualdade real entre homes e mulleres”

O Presidente da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, recibiu este xoves, ás xogadoras do Pescados Rubén Burela FSF, que veñen de gañar a Copa da Raíña de fútbol sala. Durante o acto, tamén participou a Vicepresidenta do club, Cesarina Fanega. A Deputación achegou 20.000 euros para a celebración da XXV edición do campionato, que se celebrou en Burela, o pasado fin de semana, e reuniu aos 8 primeiros clasificados da Liga Foro 16 Feminismo. As mariñás acadaron o título nunha final que se prolongou ata os penaltis, contra o campión da Liga, o Futsi Atlético Navalcarnero.
 
Campos Conde destacou “o momento clave que vive o deporte feminino, demostrando cada día que pode ofrecer a mesma calidade e espectáculo que o masculino. Trátase, así mesmo, dun momento que as institucións non podemos deixar pasar, polo que debemos seguir apoiando e reivindicando a igualdade tamén neste eido. Dende a Deputación queremos facer desta institución e desta provincia un referente cando se fale de deporte feminino, pois supón un avance moi importante para acadar a igualdade real entre homes e mulleres”.

Nesta temporada o equipo masculino do Pescados Rubén Burela FS, conseguiu o ascenso á Primeira División, converténdose no único club de España que conta con equipo masculino e feminino na máxima categoría do fútbol sala nacional.

As xogadoras remataron unha temporada de éxitos despois de quedar segundas no campionato de Liga, son campioas da XIII Copa Galicia, ademais de acadar a súa segunda Copa de España, que por primeira vez levou o nome de Copa da Raíña de Fútbol Sala. Afirman que o seu equipo está feito para ganar títulos e afrontan a próxima temporada coa ilusión de conseguir o doblete en Liga e Copa.

 

As xogadoras do Burela FSF, campioas da Copa da Raíña, foron homenaxeadas na Deputación
As xogadoras do Burela FSF, campioas da Copa da Raíña, foron homenaxeadas na Deputación