Axenda Institucional
Deputación de Lugo

A Deputación aproba melloras en dotacións públicas de Navia de Suarna e Lugo

Lugo
Navia de Suarna
Xunta de Goberno
infraestruturas
Xunta de Goberno do 22 de Maio de 2019
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou, este mércores, novas obras por valor de case 170.000 euros en traídas de auga no rural de Navia de Suarna e nas rúas Aguia e Vila de Sarria, na cidade de Lugo

En Navia de Suarna, as actuacións consisten na mellora da rúa e traída de auga do núcleo da Pobra, na zona da Igrexa e a residencia, e en Barcia tamén se acondicionará a traída de auga da que se benefician veciños e unha casa de turismo rural

En Lugo realizaranse obras de pavimentación na Rúa Aguia que servirán para facilitar o acceso a un parque periurbano da zona e na rúa Vila de Sarria, situada no entorno do Parque Rosalía de Castro

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou, este mércores, novas obras de mellora en dotacións públicas por valor de case 170.000 euros no Concellos de Navia de Suarna e Lugo. Concretamente, son 114.000 euros de Deputación e Concello para realizar obras de mellora no sistema de abastecemento e pavimentación en Navia de Suarna, nos núcleos de Pobra e Barcia; así como 55.000 euros para pavimentar as Rúas da Aguia e Vila de Sarria, no Concello de Lugo. Nos vindeiros días, poderase iniciar a contratación destes traballos.

En Navia de Suarna, as actuacións consisten na mellora da rúa e traída de auga do núcleo da Pobra, na que se atopa a Igrexa e a residencia. Son traballos que se engaden aos xa executados nesta vía e cos que se remata a renovación integral da vía. En Barcia, núcleo rural, dotarase dunha nova traída de auga en beneficio dos veciños da zona así como unha casa de turismo rural.

En Lugo, realizaranse obras de pavimentación na Rúa Aguia que servirán para facilitar o acceso a un parque periurbano da zona, moi empregadas pola veciñanza e na rúa Vila de Sarria, situada no entorno do Parque Rosalía de Castro, tamén moi transitada por veciños e visitantes.