Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Campos Conde acompañou aos participantes do V Desafío Volta a Lugo na saída da Pontenova

V Desafío Volta a Lugo
A Pontenova
Campos Conde acompañou aos participantes do V Desafío Volta a Lugo na saída da Pontenova
A Segunda etapa desta volta cicloturista partiu da Praza dos Fornos da Pontenova e rematará no concello da Fonsagrada. Esta é a xornada máis dura da proba con 92,7 quilómetros, conta con catro altos de montaña e un desnivel de 3.319 metros

O Presidente explicou: “estas actividades demostran o compromiso da Deputación co deporte. Financiando actividades e instalacións deportivas en todos os concellos. O deporte asenta poboación no rural grazas as sinerxias que se crean entre os veviño”


O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou na saída da segunda etapa do V Desafío Volta a Lugo, a volta cicloturista que percorre 256 quilómetros, percorrendo 12 concellos da provincia. Os 172 corredores partiron da Praza dos Fornos da Pontenova, e que ten meta na Fonsagrada.

Nesta segunda xornada, a máis dura das tres que integran o desafío, os 172 corredores amateurs, acompañados do exciclista Ezequiel Mosquera, percorreron 92,7 quilómetros, con catro altos de montaña, dos de primeira categoría: o Alto de Coto de Frades  e o Alto de A Fonsagrada; e outros dous de segunda categoría: o Alto de Augaxosa e o Alto de Cruz da Cancela, que suman un desnivel positivo de 3.319 metros.

O Presidente explicou que “estas actividades demostran o compromiso da Deputación co deporte. Levámolo a todos os concellos da provincia, financiando alternativas deportivas como forma de ocio e unhas instalacións de calidade independentemente do lugar no que vivan os nosos veciños. O arraigo do deporte no rural é unha necesidade para asentar a poboación, pois crea sinerxias entre os veciños e un compromiso coas localidades”