Deputación de Lugo
Turismo

A Escola Habanera de Roupar acolle a exposición da Deputación Cos pés na terra

Escola Habanera de Roupar
Exposición
Cos pés na terra
A Escola Habanera de Roupar acolle a exposición da Deputación Cos pés na terra
Este xoves, inaugurouse a exposición Cos pés na terra, producida polo Centro de Artesanía e Deseño. A mostra poderase visitar ata o día 19 de maio e a entrada é gratuíta

Vidal Baamonde subliñou que “esta colección é unha homenaxe a todos os artesáns da provincia que co seu traballo fixeron que este oficio perdure no tempo. Coñeceranse a zoqueiros e galocheiros a través dos retratos realizados por Jose M. Salgado”

A exposición, recolle pezas e ferramentas de 24 artesáns da provincia. Para esta terceira exhibición sumáronse dous novos zoqueiros orixinarios do Concello de Xermade, aportando unha nova tipoloxía de zoco a zoca de caluga

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou, este xoves na Escola Habanera de Roupar, en Xermade na inauguración da exposición Cos pés na terra. Esta colección, producida polo Centro de Artesanía e Deseño, recolle o traballo de 26 zoqueiros e galocheiros lucenses. A mostra estará aberta ata o vindeiro 19 de maio en horario de xoves de 17:00 á 20:00 horas; venres, sábado e domingo de 11:00 á 14:00 horas e de 17:00 á 20:00 horas. A entrada a exposición é de balde e conta coa colaboración da Deputación, Concello de Xermade e a Asociación de Veciños de Roupar.

Vidal Baamonde subliñou que “esta colección é unha homenaxe a todos e cada un dos artesáns da provincia que co seu traballo fixeron que este oficio perdure no tempo. Esta exposición anteriormente estivo en Lugo, despois na Pontenova e agora pódese desfrutar dela en Xermade. Nesta mostra coñecerase aos zoqueiros e galocheiros veteranos a través dos retratos realizados por Jose M. Salgado”.

A exposición, recolle pezas e ferramentas de 24 artesáns dos Concellos de Alfoz, A Fonsagrada, Pastoriza, Cervantes, Cospeito, Castro de Rei, Guitiriz, Navia de Suarna, Valadouro e Vilalba. Para esta terceira exhibición, sumáronse dous novos zoqueiros orixinarios do Concello de Xermade, aportando unha nova tipoloxía de zoco,  a zoca de caluga, descoñecida noutras zonas da provincia.  

Historia dos zoqueiros


O investigador Jose M. Salgado, realizou un traballo para coñecer de primeira man o legado dos zoqueiros na nosa provincia. A súa orixe é escura, as zocas máis antigas conservadas ata agora datan no século XIII, e aparecen en Amsterdan e Rotterdam. En Galicia houbo variantes comarcais debido os estilos de vida dalgúns artesáns. A provincia de Lugo, foi a terra de zoqueiros por excelencia. Seguramente debido á existencia de comarcas proclives aos chans permanentes húmidos e a abundancia de bidueiros, a árbore de onde se obtiña a materia prima, como é o caso da Terra Chá.

 

A Escola Habanera de Roupar acolle a exposición da Deputación Cos pés na terra