Deputación de Lugo
Turismo

Centos de persoas achéganse a desfrutar dunha nova edición da Mostra de Aceite de Quiroga

Quiroga
Mostra do Aceite de Quiroga
Mostra do Aceite de Quiroga
Este domingo no muíño de Bendilló celebrouse a 19ª Mostra do Aceite en Quiroga. Durante a xornada puidéronse desfrutar de demostracións do traballo no muiño, catas de aceite, actuacións musicais e danza.

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participou, este domingo no muíño da parroquia de Bendilló na 19ª Mostra do Aceite de Quiroga, declarada de Interese Turístico Galego. Á cita achegáronse centros de persoas e ofreceu demostracións do traballo no muíño e catas de aceite. O aceite de Quiroga é un dos óleos máis tradicionais da provincia,grazas ao climatoloxía tan característica do Val quiroguense. A súa produción é artesanal e conta con séculos de historia.

López Izquierdo sinalou que “trátase dunha cita asentada xa na provincia, a que cada ano se achegan máis visitantes. Dende o Goberno Provincial apoiamos estas feiras xa que impulsan o comercio de produtos autóctonos, dinamizando a economía local e axudando a potenciar o turismo na zona. En concreto a industria do aceite ten unha gran potencialidade e unha clara proxección de futuro, grazas as características saudábeis do aceite de oliva”

O grande atractivo desta cita foi a elaboración de aceite de xeito artesanal, mediante  a posta en marcha, coa axuda dun burro, da almazara romana, o muíño de olivas tradicional que datado entre os séculos  I e II d.C., aproximadamente, unha peza de grande interese histórico e etnográfico.

Durante a xornada puidéronse desfrutar de actuacións musicais a cargo do grupo de Gaitas O Recanto e actuacións de danza. Ademais no recinto feiral houbo unha exposición para a vena de produtos locais da zona.

 

Mostra do Aceite de Quiroga