Deputación de Lugo
Turismo

A II Festa da Enfariñada de Trabada uniu gastronomía, artesanía e música

Trabada
Festa da Enfariñada
II Festa da Enfariñada
Susana Seivane actuou nesta cita na que tamén houbo un mercado de produtos locais

Mayra García destacou que “a festa ten moi boa acollida entre os veciños e agardamos que nun futuro a Festa da Enfariñada chegue a converterse nun referente gastronómico e cultural na Mariña e para provincia de Lugo”

A Deputada de Economía e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e o Deputado da área de Medio Rural e do Mar, Lino Rodríguez Ónega, participaron este domingo na II Festa Gastronómica da Enfariñada que se celebrou no Concello de Trabada e que uniu música, artesanía e  gastronomía.

Mayra García destacou que “esta festa ten moi boa acollida entre os veciños e agardamos que nun futuro a Festa da Enfariñada chegue a converterse nun referente gastronómico e cultural na Mariña e para provincia de Lugo".

Esta foi a segunda festa gastronómica do Concello de Trabada, que fai protagonista  a “Enfariñada”, un dos pratos de cociña máis típicos desta localidade lucense, e doutros próximos como a Pontenova ou Ribadeo. Neste evento os visitantes puideron degustar esta receita tradicional , que se elabora nunha tixola remexendo ovos, auga, sal e, ás veces, cebola ou torrezos. Semellante ás migas, a enfariñada degustase cando a masa adquire textura consistente e cor tostada.

Durante a xornada os asistentes desfrutaron dunha demostración de restauración-torno da man de Vicente Ledo, actuacións musicais da man do Cuarteto Tradicional Illa Pancha e Airiños da Freba, e puideron percorrer o Mercado de produtos locais de artesanía ou desfrutar do produto gastronómico estrela: a Enfariñada. Xa polo serán, Susana Seivane, unha das artistas galegas de maior prestixio internacional actuou nesta celebración.