Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A xustiza interpón costas a PP e non adscrito por queren frear a construción da residencia de Guitiriz sen motivo algún

Residencias
Imaxe deputación de lugo
O Xulgado Contencioso Administrativo Nº 1 dita que non hai motivo para suspender a contratación das obras de construción do centro de maiores na Casa da Botica. As obras agardan dende hai semanas polo permiso da Xunta para arrancar

A xustiza di que PP e non adscrito solicitan paralizar xa a construción desta residencia sen motivos, sen concretar prexuízos e sen proba algunha

Destaca que non se poden pasar por alto os informes sobre a ilegalidade da encomenda a SUPLUSA e a lexitimidade a priori dubidosa desta Sociedade

O Xulgado Contencioso Administrativo Número 1 vén de ditar un auto no que rexeita a petición dos Deputados do Partido Popular e do non adscrito de suspender o contrato de construción da residencia de Guitiriz na Casa da Botica. Estas obras, que contratou a Deputación con 1,2 millóns de euros, poderían terse iniciado xa se a Xunta de Galicia tivese concedido o permiso de construción, que demora dende hai tempo. No momento en que a Xunta decida dar este permiso, arrancarán as obras.

A xustiza di ao PP e ao non adscrito que tentan paralizar, sen motivo algún, a construción da residencia. O auto apunta que “la mera alegación de dichos prejuicios, sin concretar cuáles serían y sin prueba algunha que sustente esa afirmación, es harto insuficiente para alcanzar una consecuencia jurídica con la solicitada”.

PP e non adscrito presentaron un recurso contencioso pedindo medidas cautelares contra a contratación das obras de construción da residencia de Guitiriz, que aprobou o Goberno da Deputación, “agarrándose” ao acordo que eles mesmos aprobaron no Pleno Extraordinario do 10 de abril de 2018, que solicitou o Partido Popular para aprobar xunto ao non adscrito o seguinte acordo: “ratificar a eficacia da encomenda de xestión outorgada a SUPLUSA para a xestión e construción das residencias da terceira idade”. Cómpre lembrar que nesta sesión plenaria se advertiu en varias ocasións sobre a ilegalidade deste acordo e que o Goberno da Deputación votou en contra

Neste senso, a xustiza apunta que no se puede pasar por alto que existen numerosos informes de advertencias de ilegalidad sobre dicho acuerdo; otro Acuerdo anterior adoptado en Junta de Gobierno que resuelve declarar la pérdida de condición de medio propio a SUPLUSA y un convenio de colaboración suscrito entre el Concello de Guitiriz y la Diputación, que sustituyó al anterior (2011); por ello, no se está en condiciones de afirmar que nos hallemos ante ninguno de esos supuestos excepcionales en el recurso contencioso planteado”.

Ademais engade que y todo ello sin entrar a analizar la legitimación de SUPLUSA (a priori dudosa) para recurrir el referido acto administrativo…”.

O Xulgado dicta que “NO HA LUGAR” á suspensión solicitada e interpón costas á parte recurrente: PP e non adscrito.