A Deputación aproba 1,6 millóns para servizos públicos e axudas no rural da provincia

Xunta de Goberno
dario campos
- O Presidente informou sobre as actuacións aprobadas este venres na Xunta de Goberno
- Gandeiros, agricultores e lucenses en xeral titulares de explotacións contan coas axudas de 100.000 euros para recuperar e poñer en produción de terras sen uso
- Lévanse á rede viaria provincial nos 67 Concellos unhas 120 marquesiñas
- Contrátanse melloras en vías de Sarria, O Saviñao, A Fonsagrada, Baleira e Lugo. Tamén se acorda a construción dunha pista multideportiva na parroquia de Rosende, en Sober

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou sobre os investimentos superiores aos 1,6 millóns de euros, que aprobou este venres a Xunta de Goberno. Campos Conde explicou que estes fondos destínanse á mellora de máis servizos públicos en zonas rurais dos Concellos, ao impulso do sector agrogandeiro e á posta en valor do territorio da provincia. A súa distribución é a seguinte: 

- Destínanse 100.000 á recuperación de terras abandonas na provincia co obxectivo de poñelas en produción  e contribuír ao impulso da actividade agrogandeira. Faise a través de axudas en concorrencia competitiva que se poñen a disposición de todos os gandeiros, agricultores, agrupacións de produtores, SATs e veciños que sexan titulares de explotacións. A vindeira semana abrirase o prazo de solicitudes destas axudas que son de 500 euros por hectárea, establecendo un máximo de 9.000 euros por beneficiario. Trátase dunha nova edición do Plan de Recuperación de Terras Abandonadas, do que xa se beneficiaron 220 lucenses, que puxemos en produción 1.200 hectáreas. Reedítanse estas axudas tendo en conta o seu éxito, pois os veciños beneficiados conseguiron reducir custos de produción e ampliar a súa cabana tras acadar máis espazo para o pastoreo ao recuperar territorio que estaba baldío. 

- Achéganse outros 200.000 euros á dotación e instalación dunhas 120 marquesiñas nos 67 Concellos da provincia e ao longo da rede viaria provincial. Lévanse aos 15 municipios co maior número de quilómetros de estradas provinciais un mínimo de 2 marquesiñas por Concello. Estes son Cervantes, Navia de Suarna, O Saviñao, A Fonsagrada, Friol, Chantada, Vilalba, Folgoso do Courel, Pantón, Carballedo, Lugo, Ourol, Castroverde e A Pontenova. O resto de Concellos terán a lo menos 1. 

- Invístense 200.000 euros na mellora duns 5 quilómetros de dúas estradas provinciais ao seu paso por Sarria: de Samos por Pintín a Sarria e de Pedrafita por Sabadelle a Vilanova de San Vicente de Froian. Presto de 390.000 euros ao arranxo de 8 quilómetros da estrada de Ferreira a Currelos, no Saviñao.  270.000 euros son para a mellora de máis de 7 quilómetros das vías de Córneas por Freixo á Lastra, e de Mesón Novo por O Ventorrillo a Chao de Vaga, nos Concellos da Fonsagrada e Baleira. 420.000 euros son para o arranxo duns 10 quilómetros de 5 estradas provinciais no Concello de Lugo: do Burgo a Palas de Rei; de Lugo a Ponte de Ombreiro; de Carballido por Santalla de Bóveda a Poutomillos; de Tolda de Castela a Canteira de Buratai; e de Coeses a Terlama. 

- Achéganse case 40.000 á construción dunha pista polideportiva na parroquia de Rosende, no Concello de Sober.