Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

O fútbol feminino dobra a súa participación na XXXVI Copa Deputación

fútbol feminino
XXXVI Copa Deputación
O fútbol feminino dobra a súa participación na XXXVI Copa Deputación
Participarán un total de 130 equipos nas categorías de Preferente, 1ª Autonómica, 2ª Autonómica, 3ª Autonómica, Veterán e Fútbol Feminino. Aos que haberá que sumarlle os equipos de fútbol base, desde prebenxamín ata xuvenil

Campos Conde, remarcou que “é unha mostra máis do bo momento que vive o deporte feminino e un recordatorio da importancia que de apoialo desde as institucións públicas coa fin de fomentar e avanzar na igualdade”

O torneo terá lugar entre os meses de maio e xuño nos campos de toda a provincia. Como en edicións anteriores o organismo provincial resposta as peticións dos clubs, asumindo os custos de arbitraxes e desprazamentos

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, acompañados polo vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Carlos Méndez “Negrín”, presentaron a XXXVI edición da Copa Deputación de Lugo.

Campos Conde remarcou que “nesta edición dámoslle un gran pulo ao deporte feminino, pois o ano pasaron participaron tres equipos, e este ano contaremos con 7. Unha mostra máis do bo momento que vive o deporte feminino e ao mesmo tempo un recordatorio da importancia que ten o apoio das institucións públicas coa fin de fomentar e avanzar na igualdade. Por iso decidimos igualar as contías dos premios económicos e equiparalos aos equipos masculinos”.

O torneo terá lugar entre os meses de maio e xuño nos campos de toda a provincia. Como en edicións anteriores o organismo provincial resposta as peticións dos clubs, asumindo os custos de arbitraxes e desprazamentos. A Copa Deputación contará con encontros en todas as categorías desde prebenxamíns ata veteráns, e o sistema da competición volverá ser de partido único. Ao rematar a presentación realizouse o sorteo de emparellamentos dos partidos nas categorías de Preferente, 1ª Autonómica, 2ª Autonómica, 3ª Autonómica, Veterán e Fútbol Feminino, un total de máis de 130 equipos, xa que os partidos das fases previas en 2ª e 3ª Autonómica xa se están celebrando, a estes conxuntos haberá que sumar os equipos das categorías base.