Deputación de Lugo
Medio ambiente

Apicultura, educación ambiental e patrimonio, novas actividades impulsadas pola Deputación

Medio Ambiente
cursos
Becerreá
Cervantes
Castroverde
Centro de Interpretación Terras do Miño
Cursos medio ambiente
Fernández Queipo informou, este xoves de tres novas actividades medio ambientais que terán lugar o sábado e domingo en Becerreá, Cervantes e Castroverde. As xornadas tratarán sobre apicultura, educación ambiental e patrimonio cultural

Fernández Queipo subliñou que “dende o Goberno da Deputación continuamos apostamos polas actividades a favor dunha concienciación medioambiental, pois é un dos grandes retos da sociedade actual”

As xornadas serán de portas abertas ata completar aforo, agás o taller de Castroverde no que é necesario inscribirse nas oficinas do concello

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, informou, este xoves de tres novas actividades medio ambientais que se realizarán na provincia os vindeiros días 4 e 5 de maio. Son xornadas sobre apicultura, educación ambiental e patrimonio que se levarán a cabo en Becerreá, Castroverde e Cervantes. Serán de portas abertas ata completar aforo, agás o taller de Castroverde.

Fernández Queipo subliñou que “dende o Goberno da Deputación continuamos apostando polas actividades a favor dunha concienciación medioambiental, pois é un dos grandes retos da sociedade actual. Son os propios veciños os que se interesan polas temáticas destes obradoiros e dende o Goberno Provincial axudamos a poñer en marcha estas iniciativas”.  

Xornadas de apicultura
Este sábado ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Becerreá xunto coa ANPA do CEIP de Becerreá, un centro con un recoñecido traballo medio ambiental, realizarase un taller sobre o control da avespa asiática (avespa vellutina); unha problemática que preocupa dun xeito moi importante ao sector primario e en concreto ao sector apícola da provincia. A conferencia Xornadas de apicultura. Protocolo de actuación para o control da Vespa Asiática no apiario, será impartida polo especialista Luis Manuel Corral Andrade. Esta acción deriva das necesidades e demandas que se manifestaron nos órganos de participación da Reserva da Biosfera de Ancares Lucenses.

Taller de educación medioambiental
Ademais, este sábado 4 de maio de 10:00 a 14:00 horas, no Concello Vello de Castroverde realizarase unha actividade sobre a educación medioambiental orientado as familias, o obradoiro recibe o nome de Xardíns verticais empregando materiais reciclados. Para este taller están dispoñibles 25 prazas e o lugar para inscribirse son as Oficinas do Concello de Castroverde.

Xornada de patrimonio
Os días 4 e 5 realizarase a I Xornadas de Arqueoloxía e Historia de Ancares. Vía Romana XIX e Época Romana de Ancares. Esta actividade, pon en valor a importancia da Vía XIX que atravesaba a Serra dos Ancares cara Astorga, unha fonte de riqueza patrimonial e turística. Este mesmo día, na Casa da Cultura de San Román de Cervantes terá lugar a primeira parte da xornada mentres que o día 5 desenvolverase un percorrido dende Balboa a Vega de Valcarce (O Bierzo).

Outras actividades
No Centro de Interpretación Terras do Miño, este sábado, realizarase de 10:00 a 14:00 horas o obradoiro Plantas que curan plantas, unha actividade que achegará aos asistentes formación sobre os métodos fitosanitarios e de control de pragas de carácter ecolóxico.

 

Cursos medio ambiente
Cursos medio ambiente