Cultura
Deputación de Lugo

A Deputación leva aos colexios da provincia o espectáculo “A Maxia dos Valores”

maxia
infancia
valores
"A maxia dos valores"
Trátase dun programa educativo innovador, un espectáculo de maxia capaz de transmitir valores como a responsabilidade, a gratitude ou o respecto. Esta primeira actuación tivo lugar no CEIP San Miguel de Paradela ante medio cento de nenos

García Porto destacou que “grazas as capacidades únicas da maxia, este espectáculo convertese nunha ferramenta educativa de gran calado. Xa tenos confirmados máis de 450 nenos que desfrutarán deste actuación ao tempo que aprenden”.

A programación do ente provincial alongarase ata xuño, e xa ten confirmadas actuacións no Valadouro, Palas de Rei, Portomarín, Meira, A Pontenova e Antas De Ulla.

Este martes 23 de abril deron comezo as actuacións de “A Maxia dos Valores” un programa educativo innovador dirixido ao alumnado de infantil e primaria co que o Goberno da Deputación leva a colexios de toda a provincia un espectáculo de maxia capaz de transmitir valores como a responsabilidade, a gratitude ou o respecto, así o explicou a Deputada de Cultura, Pilar García Porto. Esta primeira actuación tivo lugar no salón de actos do CEIP San Miguel de Paradela ante medio cento de nenos.

A Deputada destacou que “grazas as capacidades únicas da maxia, como son a capacidade de sorprender e emocionar, este espectáculo convertese nunha ferramenta educativa de gran calado entre os máis pequenos. Xa tenos confirmados máis de 450 nenos que desfrutarán deste espectáculo singular ao tempo que aprenden”.

A programación do ente provincial alongarase durante o que queda de curso escolar, ata xuño, e xa ten confirmadas actuacións no Valadouro, Palas de Rei, Portomarín, Meira, A Pontenova e Antas De Ulla, e aínda está aberta a participación de outros centros educativos en concellos como: Cervantes, Lourenzá, Alfoz, O Incio, Bóveda, A Fonsagrada, Foz ou Pol.

"A maxia dos valores"