9 actividades compoñen a programación Mulleres con forza en abril, maio e xuño, co apoio da Deputación e Concello
A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, deu a coñecer este venres, as novas actividades da programación Mulleres con Forza, posta en marcha pola Deputación e o Concello de Lugo. Ao longo dos meses de abril, maio e xuño continuarán realizándose actividades en prol da figura da muller no Vello Cárcere e no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.
López Izquierdo sinalou que “dende o Goberno da Deputación xunto co Concello continuamos traballado na igualdade de xénero. Tras o éxito desta programación ao longo do mes de marzo, continuamos apostando por actividades que acheguen e conecten á cidadanía co feminismo. A partir de mañá haberá unha Xornada Afrogalega, ademais de faladoiros feministas e presentacións de discos entres outros”.
Programación
- 6 de abril : de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas, Xornada Afrogalegas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
- 8 de abril: ás 19:00 horas, Ciclo curtos contra a violencia de xénero, no Salón de Actos da Deputación.
- 17 de abril: ás 19:00 horas, Gala Maruja Mallo, compañía licenciada Sotelo, no Vello Cárcere.
- 26 de abril: ás 20:00 horas, Faladoiros Feministas Marisa Sotelo: Vida laboral das mulleres, no Salón de Actos do Vello Cárcere.
- 22 de maio: ás 20:00 horas, Faia Díaz, presentación do novo disco, no Vello Cárcere.
- 24 de maio: ás 20:00 horas, Faladoiros Feministas Mercedes Expósito: A fábrica socia da feminidade, no Salón de Actos do Vello Cárcere.
- 29 de maio: ás 20:00 horas Microefectos dramatúrxicos + Iria Estévez, no Vello Cárcere.
- 2 de xuño: ás 19:00 horas, Sonia Lebedynski. Presentación do disco Desertos de centros, no Vello Cárcere.
- 7 de xuño: ás 20:30 horas, Najla Shami, presentación do novo disco Ela sabe o sol, no Vello Cárcere.