Cultura
Deputación de Lugo

Aberto o prazo para solicitar axudas para asociacións culturais lucenses, cunha achega de 280.000 euros

axudas
cultura
folion carros
- Na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, hai un banner con toda a información, e a documentación para que as asociacións poidan concorrer a estas subvencións. Son axudas de entre 300 ata 3.000 euros para programacións de música, baile, teatro, o fomento da lingua ou a potenciación do patrimonio cultural
- Primaranse as actividades que fomenten a igualdade de xénero, á terceira idade, á persoas con capacidades diferentes, e que fomenten valores interxerenacionais
- Todas as entidades e asociacións interesadas teñen de prazo ata o dia 29 de abril para presentar as súas solicitudes

A partir de hoxe xa esta aberto o prazo para solicitar axudas de 280.000 euros da Deputación para asociacións culturais lucenses no 2019. Na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, hai un banner con toda a información, así como a documentación para que as asociacións poidan concorrer a estas subvencións. Son axudas de entre 300 ata 3.000 euros para programacións de música, baile, teatro, o fomento da lingua ou a potenciación do patrimonio cultural. Todas as entidades e asociacións interesadas teñen de prazo ata o dia 29 de abril para presentar as súas solicitudes.

Dinamización socio-cultural
Esta programación inclúe axudas para a dinamización socio-cultural e cultural en todas as súas vertentes; potenciar a historia, a música, as tradicións de Galicia o uso do idioma galego, así como iniciativas de potenciación do patrimonio material e inmaterial do pais, entre outras. O prazo de execución de actividade será dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2019.

Baremos sociais
Primase os criterios socias nas bases destas subvencións. Puntuarase favorablemente os proxectos que fomenten a igualdade de xénero, actividades dirixidas á terceira idade, á persoas con capacidades diferentes, e que fomenten valores interxerenacionais, entre outros. Ademais, terase en conta a dispersión territorial e poboacional para primar aquelas programacións que se leven a cabo en pequenas localidades, especialmente no rural. O prazo para presentar a conta xustificativa desta achega económica remata o 31 de marzo de 2020.