Deputación de Lugo
Turismo

Lugo vístese de Primavera o próximo sábado 30

Lugo
moda
Gala de moda
A gala de moda organizada pola Asociación de Autónomas de Galicia, coa colaboración da Deputación e do Concello de Lugo, coa fin de impulsar o comercio de proximidade e demostrar a súa gran calidade

Vidal Baamonde destacou que “é necesario poñer en valor o traballo dos comerciantes, como os que participan neste desfile, un exemplo de innovación e emprendemento cuxos beneficios implican a toda a cidade”

23 comercios da cidade mostrarán as súas propostas para nenos e adultos en téxtil, calzado, xoiería, peletería e complementos. O aforo da gala é de 300 persoas, os convites son de balde e é necesario solicitalos nos establecementos participantes

Durante o desfile, na sala de exposicións haberá obradoiros para os máis pequenos, ademais ao finalizar sortearanse dous vales de 50 euros e un de 100 euros para gastar nas tendas participantes

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e a Concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Carmen Basadre Vázquez, presentaron este venres, xunto coa Presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López Yáñez, a terceira gala Lugo vístese de Primavera. Trátase dunha gala de moda organizada pola Asociación de Autónomas de Galicia, coa colaboración da Deputación e do Concello de Lugo, coa fin de impulsar o comercio de proximidade e demostrar a súa gran calidade.

Vidal Baamonde destacou que “é necesario poñer en valor o traballo dos comerciantes, como os que participan neste desfile, un exemplo de innovación e emprendemento cuxos beneficios repercuten en toda a cidade”.

O desfile no que 23 comercios da cidade mostrarán a variedade e calidade dos seus produtos, a través de 20 modelos adultos e preto de 25 nenos, que desfilarán o día 30 de marzo polos corredores da planta baixa do Pazo de San Marcos. As entradas para asistir son totalmente gratuítas, sendo o aforo de 300 persoas, polo que é necesario solicitar os convites nos establecementos participantes.

Na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos haberá obradoiros infantís, que permitirán ao público asistir cos máis pequenos da casa e que estes se entreteñan durante todo o desfile. Ao finalizar, entre os asistentes sortearanse dous vales de 50 euros e un de 100 euros para gastar nas tendas participantes.

Máis comercios nesta edición
Nesta 3ª edición do Lugo vístese de Primavera, novos comercios únense a esta gala, así desta volta son 23 os comercios que darán a coñecer as súas propostas no mundo da moda: téxtil, calzado, xoiería, peletería e complementos, 18 dos establecementos diríxense a adultos, mentres que os outros 5 son de moda infantil. Os comercios participantes son: Veritas Veritatis, Chic fashion & co, Malizia, Lilas, Cepece, Cuplé, El Armario de QK, Miss Mariquita, Violeta y Chloe, Lugodress, Mariña, Peletería Lucus, Carmen moda, Confecciones García, Urban Foot, Mi Luna, Firi, Opticalia, Miky Moda, Amorissimi, Kucadas, La Compagnie des Petits e Moninadas.

Outra novidade para esta edición é a apertura do desfile a modelos afeccionados ademais dos profesionais, grazas a apertura dun cásting na celebrado na cidade.

 

Gala de moda