Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

López Izquierdo pon en valor o traballo de Down Lugo, que atende a 65 lucenses, no Día Mundial deste Síndrome

benestar
Igualdade
Down
Día Mundial Down
Realizouse a lectura dun manifesto e un percorrido dende o Concello ata o Pazo de San Marcos e a Muralla de Lugo, que se tinguiron das cores identificativas deste colectivo social: azul e amarelo

López Izquierdo destacou que a labor de Down Lugo busca eliminar as barreiras e igualar e concienciar á cidadanía sobre as persoas con capacidades diferentes que integran a nosa sociedade

Este colectivo social, nace no 1996, e pretende acadar, a través da promoción e a realización de diferentes actividades como logopedia ou ximnasia, a mellora da calidade de vida dos usuarios que integran esta asociación

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, puxo en valor, este xoves, o traballo que realiza a Asociación de Down Lugo, que atende a 65 usuarios na provincia. Fíxoo con motivo da celebración do Día Mundial desta doenza, celebrado cada 21 de marzo. Xunto con outras autoridades e usuarios deste colectivo, participou nos actos organizados pola asociación para conmemorar este día: a lectura do manifesto pola autonomía das persoas con síndrome de down; e o percorrido dende a Praza Maior ata o Pazo de San Marcos e a Muralla de Lugo, que se tinguiron das cores identificativas deste colectivo social: azul e amarelo.

López Izquierdo destacou que a labor de Down Lugo busca eliminar as barreiras e igualar e concienciar á cidadanía sobre as persoas con capacidades diferentes que integran a nosa sociedade. A través do programa de promoción da autonomía persoal e social, que conta coa financiación da Deputación, os usuarios aprenden e adquiren habilidades e coñecementos básicos para desenvolverse con autonomía en tarefas do ámbito doméstico, como por exemplo facer a compra semanal, cociñar, poñer unha lavadora...

Down Lugo
A Asociación de Síndrome de Down de Lugo, creada no 1996 por un grupo de pais de persoas con esta alteración xenética, é unha entidade sen ánimo de lucro con ámbito de actuación na provincia de Lugo, que integra a persoas con Síndrome de Down e ás súas familias. O obxectivo principal da asociación é a promoción e realización das actividades que contribúan á mellora da calidade de vida dos 65 usuarios que integran este colectivo, a través da súa plena integración social. Para elo, traballan en diferentes ámbitos: logopedia, reforzo escolar, inserción laboral, afectividade e a sexualidade, teatro, estimulación cognitiva ou ximnasia, entre outros.

 

Día Mundial Down