Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

O Pazo de San Marcos acolle unha mesa redonda para abordar a problemática social da violencia de xénero

violencia de xénero
Sonsoles López Izquierdo
Álvaro Santos Ramos
Isabel Rodríguez
Mesa redonda
- Santos Ramos, López Izquierdo e Rodríguez López, xunto a profesionais expertos en violencia de xénero participaron no debate organizado pola asociación Si hai saída
- O encontro tivo como finalidade facer chegar aos representantes públicos e á cidadanía en xeral as carencias que sofren as mulleres maltratadas
- Entre os aspectos destacados no debate, está a petición do colectivo lucense para modificar o protocolo de actuación en casos de violencia de xénero

O voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez López participaron este mércores na mesa redonda que o colectivo contra a violencia de xénero, Si hai saída, celebrou no Pazo de San Marcos para abordar a problemática social da violencia de xénero e dar conta dos aspectos descoñecidos da realidade das vítimas.
Entre os aspectos destacados do debate atópase a petición do colectivo lucense para modificar o protocolo de actuación en casos de violencia de xénero, para evitar o desamparo no que se atopan as vítimas dende o momento en que se pon unha denuncia. Así, entre os erros que atopa a asociación no actual procedemento, encóntrase a falta de amparo e protección ás vítimas logo de poñer a denuncia.

No encontro participaron tamén a Presidenta da asociación Si hai saída, Marta Rodríguez Engroba, a Xefa de Unidade de Violencia de Xénero da Subldelegación do Goberno, Verónica Eiravella; o Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo; o Xuíz titular do Xulgado de Violencia de Xénero, Sergio Orduña Alonso; a Maxistrada Xuíz do Xulgado nº 2 de Lugo, Sandra Piñeiro Vilas; o Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo, Félix Mondelo Santos; o Comisario Provincial da Policía Nacional de Lugo, José María Esteban Corral; e o Capitán da Garda Civil da Comandancia de Lugo, Ignacio Recio Satué.