Deputación de Lugo

A Deputación forma no uso do Sistema de Información Xeográfica a técnicos municipais da Mariña

cooperación
curso burela
-O Goberno da Deputación ofrece formación gratuíta a técnicos municipais de 15 Concellos da Mariña a través da II Edición do Curso de Sistemas de Información Xeográfica (SIX) orientado á xestión técnica municipal
- O curso, que se desenvolve ata o 29 de marzo nas dependencias da AULA CEMIT de Burela, está impartido por técnicos do Laboratorio do Territorio (LaboraTE) da Universidade de Santiago no Campus Lucense
-Os Sistemas de Información Xeográfica e a Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais serven para elaborar planos con cartografía totalmente actualizada, mellorando a calidade nos informes municipais

O Goberno da Deputación ofrece formación gratuíta a técnicos municipais de 15 Concellos da Mariña a través do Curso de Sistemas de Información Xeográfica (SIX) orientado á xestión técnica municipal, desenvolvese ata o 29 de marzo nas dependencias da AULA CEMIT de Burela. Está impartido por técnicos do Laboratorio do Territorio (LaboraTE) da Universidade de Santiago no Campus Lucense. A formación consiste no emprego de Sistemas de Información Xeográfica co uso do programa de software libre Quantum GIS(QGIS). Desta maneira os técnicos municipais dos concellos da Mariña Lucense poderán coñecer dita ferramenta tan demandada e tan pouco empregada na administración local.

Os Sistemas de Información Xeográfica e a Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais serven para elaborar planos con cartografía totalmente actualizada, mellorando a calidade nos informes municipais. Ademais ditos programas poderán empregarse como instrumento básico de análise e valoración dos bens e servizos dos concellos, así como para a planificación do territorio que se xestiona.