Deputación de Lugo
Infraestruturas

Contratados os traballos para rehabilitar 6,7 quilómetros de 5 estradas en Folgoso do Courel

Folgoso do Courel
infraestruturas
Imaxe deputación de lugo
O Executivo Provincial aprobou en Xunta de Goberno a contratación destes traballos cun orzamento de 242.500 euros, que poderán iniciarse no prazo dun mes

As actuacións realizaranse nas vías LU-P-1301, de Seoane do Courel ao Hospital; LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-1306, de Megoxe a Ferreira do Incio, LU-P-4501, de Poio a Louzarela e LU-P-560, de Samos ao Courel

As obras consistirán na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente e incremento da seguridade vial coa renovación da sinalización horizontal e vertical

O Executivo Provincial aprobou en Xunta de Goberno contratar os traballos para rehabilitar un total de 6,7 quilómetros de 5 estradas provinciais no Concello de Folgoso do Courel, cunha achega de 242.500 euros.

As obras, que poderán comezar previsiblemente no vindeiro mes, realizaranse nun treito de 1,1 quilómetros da LU-P- 1301, que vai dende Seoane do Courel ao Hospital e ramais a Piñeira, Lousada e Vila; entre os puntos 1,4 e 2,5 ; 1,6 quilómetros da LU-P-1303, que vai dende Seoane- Visuña – Ferramulín, entre os puntos 14 e 15,6; 1 quilómetro da LU-P-1306, que vai dende Megoxe a Ferreira do Incio, entre o punto 2,9 e 3,9; 1 quilómetro da LU-P-4501, que vai dende Poio a Louzarela e accesos Meiraos, entre o punto 6,8 e 7,8 e 2 quilómetros da LU-P-560, que vai dende Samos ao Courel e ramal a Santa Mariña, entre os puntos 34 e 36

Os traballos consistirán na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente e incremento da seguridade vial coa renovación da sinalización horizontal e vertical.