Deputación de Lugo
Medio ambiente

20 persoas aprenden no Rato alternativas ecolóxicas para o cultivo urbano, nun obradoiro gratuíto da Deputación

Centro de Interpretación Terras do Miño
hortos urbanos
Hortos urbanos
O curso, que tivo lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño, consistiu na elaboración de xardineiras con materiais reciclados para a creación de hortos

As actividades ambientais da Deputación teñen como obxectivo crear conciencia sobre o respecto á natureza e construír unha cidadanía responsable

O obradoiro tivo unha duración de 4 horas, sendo a primeira de carácter teórico, para achegar aos participantes ao manexo de plantas. As 3 horas restantes destináronse a elaborar xardineiras con materiais reciclados como palés ou bidóns

20 persoas participaron este sábado no obradoiro gratuíto Horta ecolóxica en terraza e balcón, que ofrece a Deputación a través das actividades medioambientais do Río Rato. O curso consistiu en proporcionar aos asistentes nocións básicas sobre alternativas ecolóxicas para a construción de camas de cultivo con materiais ecolóxicos.

As actividades ambientais da Deputación teñen como obxectivo crear conciencia sobre o respecto á natureza e construír unha cidadanía responsable. O feito de saber coidar dos propios cultivos de forma sostible, dota á sociedade das capacidades necesarias para satisfacer as súas necesidades básicas de supervivencia, como é a alimentación.

O obradoiro tivo unha duración de catro horas, sendo a primeira de carácter teórico, co fin de que os participantes se achegasen ao manexo de plantas e coñecesen os beneficios das asociacións de diferentes cultivos para o aproveitamento do solo, ou da rotación, alternando vexetais con distintas necesidades. As tres horas restantes destináronse a pór en práctica as nocións adquiridas e a elaborar xardineiras con materiais reciclados como palés ou bidóns.

Hortos urbanos