Deputación de Lugo
Infraestruturas

O Goberno da Deputación mellora con 100.000 euros a vía que comunica San Xurxo e Cuíñas, en Ribeira de Piquín

San Xurxo
Cuíñas
Ribeira de Piquín
O Goberno da Deputación mellora con 100.000 euros a vía que comunica San Xurxo e Cuíñas, en Ribeira de Piquín
Campos Conde, Santos Ramos e Fernández Rico supervisaron os traballos de renovación da estrada LU-P-4806, da Nacional 640, en Vilaxe, por Galegos e Vilar de Corota, a Ribeira de Piquín, que financiou o Executivo Provincial

O Presidente subliñou que “renovamos tres quilómetros desta vía con aglomerado en quente, beneficiando directamente aos preto de 50 veciños da parroquia de San Xurxo e o núcleo de Cuíñas, no Concello de Ribeira de Piquín, que empregan a estrada a diario”

O Alcalde agradeceu “a colaboración do Executivo Provincial, pois atendeu ás nosas demandas dando resposta a unha petición veciñal e mellorando unha vía que empregan a diario centos de usuarios do municipio”

O Presidente, Darío Campos Conde, o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, supervisaron as obras de mellora da LU-P-4806, que financiou o Executivo Provincial cunha achega de preto de 100.000 euros. Trátase da estrada que vai da Nacional 640, en Vilaxe, por Galegos e Vilar de Corota, a Ribeira de Piquín.

Campos Conde subliñou que “dentro da nosa aposta pola mellora de infraestruturas públicas no rural, renovamos tres quilómetros desta vía con aglomerado en quente, beneficiando directamente aos preto de 50 veciños da parroquia de San Xurxo e o núcleo de Cuíñas, no Concello de Ribeira de Piquín, que empregan a estrada a diario para realizar os seus desprazamentos”.

Pola súa parte, Fernández Rico agradeceu “a colaboración do Executivo Provincial, pois atendeu ás nosas demandas dando resposta a unha petición veciñal e mellorando unha vía que empregan a diario centos de usuarios e que, por este mesmo motivo, sufría un importante desgaste, quedando renovado o tramo máis afectado”.

Trátase dunha vía intermunicipal que atravesa os Concellos de Meira, A Pontenova, Ribeira de Piquín e Riotorto, cunha extensión total de 25,8 quilómetros, dos cales 5,1 transcorren polo municipio ribeirego.

As actuacións, consistentes na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente, e renovación da sinalización horizontal e vertical, leváronse a cabo nun tramo de 3 quilómetros da LU-P-4806, do punto quilométrico 20,3 ao 23,3.

 

O Goberno da Deputación mellora con 100.000 euros a vía que comunica San Xurxo e Cuíñas, en Ribeira de Piquín